Sobre unha superficie de 4 hectáreas Adegas Luz, está situada na parroquia de Setados, na ribeira do río Miño.

Froito do traballo, do esforzo e da tradición, os viñedos cóidanse artesanalmente facendo que as cepas seleccionadas produzan uvas de albariño que se mima e xunto coa climatoloxía xera un viño de produción propia e limitada, cunha elaboración totalmente artesanal, sen engadidos, levaduras nin outros aditivos.

Os seus viños están presentes nos mercados español, europeo e americano. A meta desta adega é seguir plantando, elaborando e comercializando os seus viños.

Esta adega elabora baixo a marca Abadía de Tortoreos, viños brancos de autor amparados pola Denominación de Orixe Rías Biaxas dende o ano 1990, incluídos na subzona do Condado do Tea. Os seus viños recibiron tamén numerosos premios ao longo dos últimos anos.