Servizos Sociais

O Concello das Neves conta cun departamento propio de Servizos Sociais situado no edificio da rúa Marquesa do Pazo, 22.

Pode contactar co departamento de Servizos Sociais con:
Noelía Rodríguez Corbillón (Traballadora Social)
986 667 134 ou servizossociais@asneves.gal

Horario Atención ó Público:
Martes, Xoves e Venres de 10 a 14.

Servizos do departamento

  1. Prestación de Información, orientación e asesoramento:
    1. Atención directa a consultas relativas a recursos e dereitos sociais de individuos familias ou grupos, realizando as oportunas xestións ou remitindo ós organismos pertinentes.
    2. Poñer a disposición de todos a información a través de edicións de folletos, carteis, celebración de charlas, conferencias, coloquios etc.
    3. Recollida e tratamento da información sobre as necesidades sociais, para planificación e priorización de recursos sociais.
    4. Realización de entrevistas individuais, familiares e grupais.
    5. Realización de visitas domiciliarias.
    6. Análise, interpretación e elaboración de informes sociais, emisión de dictámenes técnicos ou administrativos naqueles casos ou situacións-problema que o requiran.
  2. Prestación de promoción e cooperación social
    1. Asesoramento técnico ás asociacións que xa estean constituídas como tales, e as que se encontran en proceso de constitución.
    2. Elaboración de programas de acción social, tendo en conta as inquietudes e desexos dos distintos grupos sociais afectados.
    3. Realización de campañas de sensibilización en temas como o racismo, xenofobia, e cooperación social en xeral.
    4. Fomentar a creación de grupos de voluntariado social, entorno os distintos programas.
  3.  Prestación de Axuda no fogar e apoio a unidade de convivencia:
    1. Realización de entrevistas e visitas domiciliarias, para o coñecemento valoración e diagnostico dos casos que precisen deste servicio
    2. Recollida e tratamento da información para unha planificación adecuada das actividades a desenrolar.
    3. Selección e orientación da profesional Auxiliar domestica que prestará o servicio.
    4. Seguimento continuado dos beneficiarios.
  4. Prestación de prevención e inserción social:
    1. Análise e estudio de situacións susceptibles de ser orixe de marxinación da poboación considerada de risco en orde á planificación de accións de carácter preventivo.
    2. Tratamento de situacións-problema individuais e grupais
    3. Elaboración de programas priorizando aqueles que teñan unha vertente preventiva e de reinserción social de grupos ou individuos afectados por algún tipo de marxinación
    4. En relación a esta prestación levanse a cabo as seguintes actuacións. Algunhas financiadas pola Consellería de Política Sociale outras a través do plan concertado.
      1. Técnicas de estudio para escolares con problemas de fracaso escolar (Programa de educación familiar)
      2. A atención infantil como medida preventiva de malos tratos (Programa de educación familiar)
      3. Curso de autoestima para menores (Programa educación familiar)
      4. O programa de integración para inmigrantes do cal se engade memoria amplia.
      5. Escola de pais (Programa de educación familiar)
      6. Programa de prevención de conductas esteriotipadas discriminativas e de perxuicio.