Blog

23 Xan
0

Repensar o monte

O Concello das Neves organiza o sábado 27 unha xornada para analizar experiencias produtivas de usos alternativos para o monte.

Distintas alternativas de usos produtivos para o monte serán presentadas no Auditorio das Neves o vindeiro sábado 27 de Xaneiro. O Concello organiza estas xornadas como unha nova iniciativa para para dar resposta aos danos causados polo lume do pasado 15 de outubro. Baixo o lema Repensar o Monte, distintos expertos expoñerán as súas experiencias en apicultura, micoloxía, froitos do bosque, cerdeiras e castiñeiros para madeira, entre outras. O evento abrirase ás 10 da mañá coa intervención do Alcalde das Neves, Xosé Rodríguez, e unha conferencia de Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.

As xornadas rematarán coa actuación solidaria da Banda de Gaitas Xarabal que percorrerá as rúas da localidade o sábado 27 desde as 13h.

As experiencias serán presentadas ás 11:15 nunha mesa redonda moderada pola enxeñeira forestal Alexandra González na que participarán Hifas da Terra, CERNA (Enxeñaría e Asesoría Medioambiental), as Comunidades de montes de Couso (Gondomar) e Covelo Abella Lupa, Miguel Fernández de Salvaterra, e Quin Álvarez Martínez. agricultor da zona do Rosal. As Comunidades de Montes das Neves participarán tamén no coloquio posterior.

O público contará coa presenza de participantes no Encontro solidario organizado esa fin de semana en As Neves pola Asociación Galega de Autocaravanas, que protagonizarán o domingo 28 ás 11 o acto simbólico de inicio do proxecto de educación e recuperación medioambiental Sementando vida, repoñendo as árbores queimadas na circunvalación das Neves.

Ler Máis
15 Xan
0

Obras na Escola de Cerdeira

Rematouse a primeira fase do arranxo da escola de Cerdeira. Un tellado novo para evitar humidades e dotar de seguridade ao exterior.

Na segunda fase as obras inclúen melloras no interior para que a parroquia teña un lugar onde reunirse e disfrutar da vida en común.

Ler Máis
15 Xan
0

Información do uso da conta bancaria As Neves Zona Cero

Conforme ao anunciado, e co fin de corresponder con transparencia ao esforzo solidario co pobo das Neves, cumprimos o compromiso de informar da actividade da Conta As Neves Zona Cero, destinada a recoller achegas de particulares e empresas para contribuír a enfrontar aos danos causados polos incendios de outubro de 2017.
 
O destino dos fondos, supervisados polo goberno municipal e os Servizos Sociais, priorizan a atención directa a persoas damnificadas e a cobertura de necesidades básicas, prestadas grazas ao labor desinteresado de voluntarios e voluntarias que
únicamente reciben, conforme ao estipulado legalmente, a compensación por gastos de combustible polo uso dos seus coches particulares, e de manutención cando a actividade o require.
 
Lamentando algunha crítica aillada e desafortunada, só cabe agradecer o esforzo destas persoas que veñen adicando moito tempo e traballo a facer efectiva a solidariedade recibida, nun servizo de interese para todos os veciños e veciñas das Neves. O Voluntariado fortalécenos como sociedade e debe ter o recoñecemento que merece.
 
En 2018, priorizarase tamén o investimento no traballo coa infancia e a mocidade das Neves para formar as novas xeracións na importancia dos bos usos e coidados do monte, facéndoos protagonistas de experiencias de repoboación con especies autóctonas e de boas prácticas de protección medioambiental.
 
Seguiremos dando contas exactas do gasto en todas estas actividades e axudas.
 
As Neves, 15 de xaneiro de 2018.

Ler Máis
10 Xan
0

Os incendios que arrasaron As Neves deixan ao descuberto unha xoia da arte rupestre

Localizado un petróglifo con 25 grabados de cabalos; unha das figuras é a máis grande deste tipo atopada en Galicia

Os incendios que arrasaron os montes das Neves han deron paso ao descubrimento dun dos conxuntos de petróglifos máis interesantes dos últimos anos en Galicia. Máis de 25 cabalos hai representados sobre unha pedra plana noss montes de Taboexa na zona de A Coutada.

O grabado de máis de 4.000 anos de antigüedade estivo sempre cuberto cun manto de terra que desapareceu co lume. Descubrirono fai unhas semanas o arqueólogo Xosé Lois Vilar, o etnógrafo Xilberte Manso e Cándido Verde Andrés e Xosé Álvarez, entusiastas do patrimonio que se esconde nos montes galegos.

Foran comprobar o estado dos petróglifos localizados neste Concello despois dos incendios. O seu hacado casual foi toda unha sorpresa. Xosé Lois Vilar, director da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos, manifesta que é o descubrimiento máis importante de arte rupestre nas dúas últimas décadas «pola súa riqueza iconográfica, factura técnica, conservación e localización xeográfica».

A pedra ten múltiples representacións e, entre elas, destaca un cuadrúpedo esquemático dun metro de lonxitude, que é o máis grande encontrado ata agora en Galicia, «é posiblemente un dos máis grandes de toda a península», apunta Xosé Lois Vilar.

Équidos grabados con diferentes técnicas i estilos, con trazos simples esquemáticos ou mediante o vaciado da pedra, conducen a pensar aos especialistas que a gran pedra grabada das Neves é un mosaico de figuras que foi completado en diferentes épocas.

A pedra encóntrase nun plano inclinado, na mesma poden apreciase tamén figuras abstractas, antropomorfos sexuados, ademáis de máis dunha vintena de zoomorfos orientados en direccións diverxentes ocupando toda a zona. Na súa maioría son representacións de équidos e dalgún can, dada unha maior presencia nas figuras de colas espesas, orellas e ausencia de cornos.

O petróglifo redunda na observación realizada polos arqueólogos no sentido de que los cabalos predominan nas representacións rupestres no sur da ría de Vigo. «O animal case exclusivo e multirrepresentado non é o cervo como se ten afirmado ata agora, senón os équidos», apunta Vilar.

O obxetivo destas representacións é motivo de investigación. Os expertos apuntan a que se trataría dunha demostración de poder por parte dos nosos ancestros.

Musealización

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, valorou onte o alcance deste hachadegoo, que será toda unha referencia da riqueza arqueolóxica do Concello, que xa ten outros bos exemplos no seu territorio. O Concello tramitará ante a Consellería de Cultura a catalogación do petróglifo. Sobre a mesa hai unha proposta para que unha das figuras se convirta nun icono cultural do concello das Neves. Os responsables municipais queren chegar a un acordo coa Xunta para levar a cabo unha musealización que non resulte agresiva para o contorno. Os arqueólogos apuntan a necesidade de limpar o conxunto arqueolóxico e incluso a instalación dunha plataforma de madeira que permita a súa visión aos visitantes.

O petróglifo encóntrase en moi bo estado de conservación gracias a ter permanecido cuberto baixo una capa de terra e vexetación. Ademáis atópase nun lugar de fácil acceso, nunha ladeira situada a vinte metros dunha estrada.

Ler Máis
09 Xan
0

Deputación e Concello das Neves asinan a ampliación do Centro Cultural de Rubiós

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, asinaron esta mañá o convenio ao abeiro do «Plan de Reequilibrio Territorial» da institución provincial para a ampliación do Centro Cultural de Rubiós, cuxo orzamento ascende a preto de 500.000 euros.

Carmela Silva destacou que o Plan de Reequilibrio Territorial da Deputación de Pontevedra aséntase no “respecto á autonomía local xa que teñen que ser os concellos quen decidan cales son os investimentos a realizar no seu termo municipal”. Amais, Silva fixo fincapé en que este plan nace porque “somos moi conscientes de que os veciños e as veciñas, dependendo de onde vivan, non reciben os mesmos recursos para poder impulsar os equipamentos e infraestruturas que precisan”.

Ao respecto, a presidenta provincial instou á Xunta de Galicia para que aprobe un fondo local incondicionado para os concellos galegos, particularmente os da provincia de Pontevedra. “Xa está ben de políticas de subvencións non incondicionadas, que obrigan aos concellos a desenvolver proxectos que poden ser ou non de interese e que ademais teñen uns criterios que non son obxectivos e que polo tanto permiten impulsar actuacións nuns concellos e non nos outros”. Máis polo miúdo, Silva pediu ao goberno autonómico a “copie o modelo que estamos a desenvolver na Deputación de Pontevedra, un modelo a través do cal estamos a dotar de recursos aos concellos, con bases claras, transparentes e obxectivas, e respectando a autonomía local porque son eles os lexitimados para decidir cales son os investimentos a realizar nos seus termos municipais”.

No caso concreto das Neves, a presidenta da Deputación de Pontevedra destacou a importancia de impulsar proxectos no entorno rural “xa que a única forma de que a poboación se manteña e asente no rural é dotar de servizos a estes núcleos”. Máis polo miúdo, o proxecto de ampliación do Centro Cultural de Rubiós “da resposta a unha nova forma de facer política e de gobernar que demanda a sociedade do século XXI, impulsando proxectos e servizos que garantan a igualdade de oportunidades, espallando a cultura como un dereito das persoas para construír sociedades máis avanzadas”.

Amais, Silva tamén recordou que As Neves foi o concello de Galicia que sufriu dun xeito máis grave os incendios, “polo que fago un chamamento á Xunta de Galicia para que dote dos recursos necesarios ao concello para recuperar e superar esta situación”.

Pola súa parte, o alcalde das Neves destacou que “mediante esta sinatura imos impulsar a ampliación do Centro Cultural de Rubiós para impulsar a formación musical, un proceso educativo paralelo á formación ordinaria que permite construír sociedades máis sensibles, algo fundamental para nós”. Amais, Rodríguez tamén se sumou ás peticións da presidenta da Deputación, amosando a súa esperanza de que a Xunta achegue pronto os recursos para paliar a situación ocasionada pola vaga de lumes de outubro.

O proxecto do edificio para a ampliación do Centro Cultural de Rubiós ten un orzamento de 499.457,75 euros dos que a Deputación de Pontevedra aportará 399.566,20 euros e o concello 99.891,55 euros. Con este proxecto, preténdese reforzar o uso do Centro Cultural de Rubiós para actividades culturais diversas tendo en conta, amais, a posibilidade de unilo cun corredor coa antiga escola, mellorando a accesibilidade entre ambos espazos e integrando, nun futuro, os dous equipamentos para complementalos. A través desta actuación vaise ampliar o escenario, configurar tres salas polivalentes, acondicionar a parcela ao norte do edificio do Centro Cultural como aparcamento, modificar a entrada principal, integrar coa antiga escola e mellorar a accesibilidade. En liñas xerais, o proxecto vai permitir configurar un edificio dotacional nun único andar, funcional e accesible, que se converterá nunha nova área de equipamentos do concello.

O Plan de Reequilibrio Territorial está a beneficiar a 25 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes que presentaron os seus proxectos atendendo aos criterios obxectivos, transparentes e claros marcados nas bases das subvencións. En total, estes concellos recibirán 15 millóns de euros da Deputación de Pontevedra para desenvolver un proxecto singular en cada termo municipal que garanta unha lixeira compensación polo reparto de subvencións efectuado por anteriores corporacións provinciais.

Ler Máis
28 Dec
0

BANDO AGASALLOS NA CABALGATA DE REIS

Ver Bando

Ler Máis
20 Dec
0

As Neves instala a primeira fase das sinais informativas dos barrios e parroquias

7 das 13 parroquias xa están sinalizadas e as demáis estarán en 2018

O Concello das Neves ven de executar a primeira fase do proxecto de instalación de sinais informativas que se financiou a través do Plan Concellos da Deputación e afectou a 7 das 13 parroquias do termo municipal coa instalación de máis de 150 sinais.

Esta iniciativa do goberno municipal de BNG e Psoe é refrendada pola veciñanza xa que das reunións nas parroquias, a través do programa “O Concello escoita”, esta foi a demanda común en todas elas facendo fincapé na necesidade da sinalización para os visitantes, a prestación de servizos, como ambulancias ou repartos e dar valor a diversidade de lugares do Concello.

Oscar González, segundo Tenente de Alcalde e responsable do proxecto informa que a primeira fase está completada coa instalación de sinais en San Cibrán de Ribarteme, Vide, Liñares, Tortoreos, parte das Neves, San Pedro e Santa Olaia de Batalláns. “O proxecto está elaborado ao completo e a segunda e última fase levarase a cabo no 2018 tan pronto sexa econónicamente posible”.

Ler Máis
19 Dec
0

Nadal 2017

 

O Concello das Neves celebra o Nadal dende o día 22 e ata o vindeiro día de reis. Haberá actividades variadas para tódalas idades, cativos, mocidade e maiores. Eventos deportivos, culturais e educativos para disfrutar na compaña da familia, amigos e veciñanza.

 

 

Venres 22 as 20h (Auditorio Municipal)
-Peter Punk e o Neno Imperdible

Sábado 23 de 12 a 19h na Praza de Abastos

Mercado de Nadal

As 20h (Auditorio Municipal)
-Concerto solidario: “A tres Bandas”
Banda música popular de Rubiós
Banda infantil e xuvenil de Rubiós + escola de música de Rubiós
(Chocolate quente a cargo da asoc. De autocaravanas de Galicia)

Domingo 24 de 12 a 19h na Praza de Abastos

Mercado de Nadal

As 16h na zona urbana
-5ª Carreira popular solidaria do Pavo (organiza Acd Sanomedio)
15h a 16h recollida dorsais praza maior

Mércores 27 decembro (Biblioteca Municipal)
-Contacontos e obradoiro infantil : A Apalpadora as 17h

Xoves 28 a partir das 16h (Casa da Xuventude)
-Xornada Cultura Urbana
..Beatbox e personalización de gorras
..Skate
..Graffiti

Venres 29 as 17h (Biblioteca Municipal)
-CreaTi musical: Aprende a crear cancións

Domingo 31 as 12h (Praza Maior. En caso de choiva mercado municipal)
-Visita do Apalpador

Mércores 3 de xaneiro as 17h (Praza Maior. En caso de choiva pavillón)
-II Rastrexo de Reis
As 20h (Auditorio Municipal)
-Concerto solidario Uxia + De outra Margem

Venres 5 xaneiro
-Cabalgata de Reis
Saída as 17:30h dende rotonda Montesol ata o pavillón pasando por praza maior. Actuación de rancho de Reis de Lourido durante o percorrido e chegada ao pavillón municipal para entrega de agasallos e inchables, xogos, música …

Ler Máis
18 Dec
0

As Neves celebra, esta fin de semana, un atractivo “Mercado de Nadal”

A Praza de Abastos acolle unha actividade que busca ofrecer á veciñanza e aos visitantes, os produtos que fan das Neves un lugar de excelencia gastronómica

A Praza de Abastos das neves acollerá, o sábado 23 e o domingo 24 de decembro, o ‘Mercado de Nadal’, unha iniciativa que busca poñer ao alcance de veciñanza e visitantes, tanto produtos de artesanía coma aqueles que, como o viño o requeixo e o mel, constitúen un elemento identificador da excelencia gastronómica do municipio.

No ‘Mercado de Nadal’, que estará aberto ámbolos dous días, en horario ininterrompido de 12 h a 19 horas, participarán as adegas Señorío de Rubiós e Abadía de Tortoreos amais da cooperativa do Requeixo e o Mel.

O público visitante terá a ocasión de gozar da excelente gastronomía local xa que o mercado contará coa presenza de postos dos locais de hostalaría e tamén postos de artesanía.

A intención do Concello das Neves, coa posta en marcha deste ‘Mercado de Nadal’ é a posta en valor dos produtos que fan, do municipio, un referente gastronómico do sur da provincia. Non se pode esquecer que, se o requeixo, o mel e os viños, son elementos identificadores da excelencia gastronómica do municipio, os locais de hostalería amosa, ano tras ano nunha magnífica ‘ruta de pinchos’ a capacidade innovadora da gastronomía local e a calidade da materia prima local.

Para o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o ‘Mercado de Nadal’ é unha ocasión extraordinaria para que “veciñanza e visitantes poidan coñecer a ampla oferta gastronómica das Neves”.

Ler Máis
14 Dec
0

1 xoguete = 1 masaxe e “Bar” de Outono de Teatro

Actividades este sábado 16 de decembro

Ler Máis