Ruta lineal de aproximadamente 15 kilómetros, cun desnivel de 700 metros.

Dise que este camiño era xa empregado pola raíña Isabel de Portugal, que cruzaba o río Miño dende as cidades portuguesas chegando ata o noso concello. Dende aquí, a raíña continuaba ata o mosteiro da Franqueira, na súa peregrinación a Santiago de Compostela.

O conxunto etnógrafico que podemos atopar ao longo de todo o camiño é dunha enorme riqueza. Ás beiras do río Termes, testemuña de gran parte deste percorrido, pódense atopar bidueiros, carballos, amieiros e outras moitas especies arbóreas.

O camiño comeza na capela de San Manuel, na parroquia de Vida e continúa pola Chan de Vide, posteriormente pasa por Mirenciños, onde nos atoparemos coa Ponte das Puntaleiras.

Continuando o traxecto cara San Cibrán de Ribarteme, atoparemos outra ponte romana, a Ponte da Senra, situada nun conxunto de gran valor etnográfico composto por muíños e árbores.

Abandoando lixeiramente a ruta, podemos atopar nesta mesma parroquia a coñecida como Casa da Inquisición ou de Barro, que conta cun escudo nobiliario.

Desviándonos do camiño cara San Xosé de Ribarteme atoparémonos coa Capela das Pedriñas, o Coto de Lobos ou o Pousadouro.

Debemos lembrar a riqueza tamén dos espazos naturais ao longo deste percorrido, na súa maioría incluídos na Rede Natura 2000.