Ruta lineal de 3,5 km, con comezo na Área Recreativa de Santa Mariña, na parroquia de Liñares. Este sendeiro que transcorre pola beira do río Miño e está incluído dentro da Rede Natura 2000, está equipado con bancos nos que poder descansar, escaleiras que facilitan o traxecto, áreas de descanso e diversas fontes.

No percorrido atoparemos as ruínas da Casa da Barca, que foi antigo posto de control de estraperlo con Portugal.

Ademais unha flora e fauna incalculables, riqueza que é de esperar dun lugar inmerso neste espazo protexido, podemos atopar, outros atractivos como as pesqueiras, tradicionalmente empregadas para a captura da lamprea.