Centro de interpretación sito na parroquia de Taboexa, no que existe unha sala permanente con paneis nos que se mostra o patrimonio cultural da parroquia. Está orientado a cubrir catro funcións básicas: investigación, conservación, divulgación e posta en valor do entorno.

Os servizos que oferta o centro son:

– Explicación da exposición permanente

– Visita guiada no centro de interpretación

– Proxeccións audiovisuais, cunha duración aproximada de 20 minutos

– Rutas guiadas ao aire libre

– Salón de usos múltiples

– Biblioteca

– Sala de ordenadores con acceso a Internet

– Sala de ocio e cafetería