Este fermoso lugar, situado na parroquia de Santa Eulalia de Batalláns, está ateigado de grandes penedos con cadanseu nome propio.

A lenda di que algunhas destas pedras falan, e mesmo agochan tesouros no seu interior. Contan que alguén tentou abrir unha, para roubar o ouro que tiña dentro, e entón a pedra falou:

– Se abrides este penedo vai caer a Torre de Guillade!

Estrañado, ollou para onde a voz lle indicaba e para cando volveu mirala a pedra xa se pechara soa. A día de hoxe, dise que aínda ten cravadas as cuñas que aquel empregou.