Conxunto de varias esculturas sitas na cima dunha rocha, na parroquia de Tortoreos, lugar de Redondelo. Dende este lugar podemos gozar dunhas estupendas vistas ao río Miño.

Unha das esculturas é coñecida como “O Xigante”, e trátase dun xigante que aparece sentado sobre a pedra, observando a panorámica cara ao río, obra de Mario Iglesias González.

“Punto de partida” é outra das obras, composta por catro portas de aceiro, cada unha delas cunha apertura diferente e que representan os catro puntos cardinais, creación de Carlos Tejo.

Outra das obras de granito, sen nome, é do autor Manuel Rial Pérez.

A última das esculturas, denominada “Sendeiro do coñecemento” componse dunhas pisadas de metal no chan e que ascenden ata a rocha, creada por José Luis Pereira Rodríguez.

Existen ademais outras esculturas de granito.