Festa gastronómica na que se poñen en valor estes produtos típicos do municipio. A Feira do Requeixo e o Mel celebrada sempre o Venres Santo, pretende recuperar esta tradición e dinamizar a zona economicamente.

A mostra descubre aos visitantes a producción deste doce nunha xornada de degustación. Os postos que se instalan ofrecen requeixo e mel da zona.

Ademais podemos atopar outros postos de comida, bebida, roupa, etc. Polo que resulta unha ocasión perfecta para desfrutar dun día completo nas Neves.

Por mor das incertidumes meteorolóxicas debido ás datas da festividade, colócase unha carpa para maior comodidade dos visitantes.

Actualmente esta celebración está catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia.