O río Xuliana, que nace no monte Feresvello, ten un largo de 5 kilómetros. Pasa por Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca moi preto da Área Recreativa de Santa Mariña, creando unha fervenza duns 5 metros, que resulta da desembocadura do río Xuliana no río Miño.
Xunto á fervenza, existe un areal que no verán se converte en praia fluvial.