Industria

O Concello das Neves aposta totalmente por que dunha vez a Plataforma Loxística Industrial Salvaterra As Neves xere emprego e condicións para que a veciñanza das Neves poida empregarse moi preto do súa residencia.

A Plisan ten que ser realidade coa colaboración de tódalas administracións e colectivos.

A súa definitiva posta en marcha pode achegar emprego directo e indirecto, novos fluxos económicos, de transportes, de tráfico e novos asentamentos de persoas e colectivos que farían medrar o Concello das Neves.