Construcción incluída no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034049. Situada tamén sobre o río Termes á altura de Mirenciños, na parroquia de Vide, pola que pasa o Camiño dos Frades. Pese a que algunhas referencias databan a esta ponte como unha construción da época romana, probablemente sexa produto da Alta Idade Media. A ponte consta dun só arco apuntado duns 5 metros de altura e 7,5 metros de ancho. Na parte interior deste arco existen diversas marcas de canteiro. A lonxitude total da ponte ronda os 20 metros, e a anchura os 3,30 metros.