Portoseco

Polígono industrial Porto seco, un espacio para empresas, transporte de mercadorías, actividades industriais e servicios asociados

portoseco01A Plisan, máis coñecida por Porto Seco, é un complexo multifuncional formado por áreas especializadas de concentración de empresas e servicios loxísticos, transporte de mercadorías e intermodalidad portuaria, así como de actividades industriais e servicios xerais asociados.

Pola súa excelente situación, conexións viarias e ferroviarias, a súa relación co Puerto, capacidade e servicios, vai ser a gran zona de actividades loxísticas do sur de Galicia e norte de Portugal.

Son numerosas as empresas, non só españolas senón tamén doutros países europeos, interesadas en ubicarse na Plataforma Loxística.

portoseco02A superficie total do parque é de 4.196.167 m² e conta con:

 – O centro intermodal e a zona de conexión a través de terminais intermodais de ferrocarril e estrada. Disporá dunha terminal específica para contenedores, granito e automóbiles. Ocupará unha superficie de 314.238 m².

– A área loxística intermodal: está destinada a empresas con actividades necesarias de acceso á rede ferroviaria e a súa superficie suma 202.758 m².

– A área loxística de tranformación é para operadores loxísticos, con actividade compatible de tranformación e conta cunha superficie de 738.113 m².

– A área multifuncional industrial que se destina a empresas de transformación con centros loxísitcos propios e relacións sinérxicas co resto da Plataforma. Ocupará 650.481 m².

Contará tamén cunha superficie de 35.221 m² para centro de servicios que é o complexo que agrupa os servicios hoteleiros, bancarios, oficinas de empresas, servicios sociais e equipamento; así como cunha área loxística empresarial onde se ubican empresas  cun compoñente significativo de loxística, compatible con actividades de servicio, oficinas e producción. Esta área ten unha superficie de 399.371 m².

Disporá de: zonas verdes – 940.000 m²-; aparcamentos – 358.985 m²-; viais -427.000 m²- e área de equipamentos sociais e deportivos -130.000 m²-.