A parroquia de Taboexa está situada ao noroeste do concello das Neves, na aba occidental do monte San Nomedio.
Ten unha extensión de 7 km cadrados e uns 439 habitantes que viven en 43 lugares.
Carece de ríos, pero está regada por diferentes regueiros.
Taboexa destaca pola súa boa orientación en dirección oeste e pola cómoda orografía dos seus barrios e lugares.
A nosa parroquia é unha das máis antigas de Galicia, como proba a súa inclusión no Parroquial Suevo do ano 570. Alí aparece citada como Tabolela xunto con outras 133 freguesías do Reino de Galicia, que incluía parte de León e o norte de Portugal.