Contact event manager
Book your tickets
Queima da Velutina!
Praza Maior
sábado, 19:30 - 21:30
26/02/2022
000000
O vindeiro sabado, día 26 de febreiro, dende as 19:30h. na Praza Maior, As Neves celebra a ‘Queima da Velutina’, dentro do Entroido 2022.
As actividades estarán orientadas aos más cativos que poderán sumarse a un ‘Obradoiro de Manualidades de Entroido’ con corchos, pezas de madeiro ou carozos de millo cos que facer distintas ‘obras mestras’, dende ‘compadres’ e ‘comadres’ a calquera outra que imaxinen, da man de 3 monitoras. Tamén haberá ‘Pintacaras’ e ‘Globoflexia’.
Por suposto, non podía faltar a xa habitual ‘Copla do Carteiro das Neves’.