Concello das Neves

20 Anos de Irmanamento

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O 30 de agosto de 2003, o concello de As Neves asinou a Carta de Irmanamento cos concellos franceses de Legé, Touvois e Corcoué sur Logne. O documento asinado establece a participación activa e dinámica dos cidadáns e asociacións, favorecendo o encontro e o estreitamento de lazos entre os habitantes dos dous pobos, os intercambios entre mozos e mozas e o coñecemento das dúas linguas.

MF3-1109

Ao longo destes 20 anos, son moitos os programas de colaboración que se levaron a cabo, principalmente no eido cultural: intercambios musicais, exposicións, intercambios educativos, pero tamén o Irmanamento foi unha plataforma para dar a coñecer os recursos turísticos, o comercio local e o intercambio de experiencias na xestión municipal das administracións públicas, pero sen dúbida, o logro máis importante destes anos son os lazos de amistade, solidariedade, encontros e coñocemento mútuo entre os cidadáns nevenses e franceses.

O Irmanamento cos nosos veciños franceses, vinte anos despois, segue activo, asumindo retos e fomentando novas iniciativas a través da “Asociación Cultural Amigos do Loira Atlántico Meridional”, que organiza cada 2 anos encontros entre os veciños dos 2 países. Este ano está previsto que unha pequena delegación galega se achegue a Francia no mes de Novembro para acudir a un acto institucional polo vixésimo aniversario do irmanamento. Con este motivo, o concello de Legé ven de poñerlle o Nome de “As Neves” a unha rúa, un recoñecemento que é unha proba máis da fortaleza dos lazos que nos unen.

Vinte anos despois seguiremos a traballar, na medida das nosas posibilidades, pola sensibilización da importancia de reforzar unha Europa de cidadáns que se interrelacionan solidariamente entre si.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email