Irmandade LAM

Asociación cultural

Irmandade Loira Atlantique Meridionale

Legé

Legé está situado no extremo sur do departamento do Loire Atlantique, limítrofe con A Vendée. O municipio é a capital da comarca. A agricultura segue sendo un vector importante para a súa economía.
A comarca ofrece a toda a súa poboación un sector asociativo moi presente e dinámico e un conxunto de servicios e equipamentos (escolares, deportivos, culturais, comerciais e de comunicación moi completos, ademais dunha zona de ocio de 15 hectáreas.

Corcoué sur Logne

O Concello de Corcué está situado no límite do Loire-Atlantique e A Vendée. Pola súa ubicación no corazón do Val da Logne, o municipio de Corcué beneficiouse dun desenvolvemento excepcional, debido a súa proximidade, con Nantes ( 15 minutos da periferia nantesa) e có litoral atlántico. O Concello de Corcué ofrece numerosas oportunidades para o desenvolvemento local vinculadas principalmente coa madeira e a construcción.

Touvois

A riqueza dos elementos naturais, auga, bosques… e o desenvolvemento de actividades ligados a eles, marca a vida dos habitantes de Touvois.
Touvois é un Concello que tivo sempre unha actividade comercial importante.

Unha das súas particularidades: os talleres de mecánica de automóbil e agrícola. A zona artesanal sitúase no importante eixe de ruta da ponte de Saint-Nazaire.
O Concello foi equipado cunha estación de depuración ultra-moderna con gran capacidade para o tratamento de residuos.

Asociación Cultural Amigos do Loira Atlántico Meridional

A asociación creouse para contribuír ó desenvolvemento e consolidación dos vínculos establecidos na Carta de Irmandade entre a Comunidade de Municipios do Cantón de Legé (Corcoué sur Logne, Legé e Touvois) en Francia, e o Concello das Neves (Pontevedra), asinada o 30 de agosto de 2003 e ratificada o 14 de xullo de 2004, fomentando así a participación activa de persoas e colectividades nas actividades e programacións conxuntas.

Serán fins primordiais da “ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DO LOIRA ATLÁNTICO MERIDIONAL”, os seguintes:

  • Organización de Cursos e Cursiños intensivos para a adquisición de coñecementos da lingua e cultura francesas, con especial atención a Cultura do Pays de la Loire, dirixidos a persoas de As Neves, e de Cursos de lingua e cultura españolas, con especial atención a lingua e cultura galegas, orientados a membros da Comunidade do Cantón de Legé que visiten As Neves.
  • Organización de intercambios Escolares, familiares e de xoves con estadías nas respectivas localidades en períodos lectivos ou de lecer, tanto entre familias de acollida como en centros ou institucións públicos ou privados.
  • Organización de ciclos de conferencias, seminarios, mesas redondas, etc. sobre temas relacionados có Pays de la Loire e Galicia.
  • Fomento de viaxes de estudios, intercambios turísticos, contactos entre membros dos sectores comerciais, profesionais, industriais e artesanais para levar a cabo experiencias compartidas nos seus campos de acción.
  • Colaboración e participación nas actividades que programen as Institucións Públicas das respectivas comarcas, dentro dos compromisos adoptados na Carta de Irmandade.
  • Organización de Exposicións, actos divulgativos e actividades que permitan o coñecemento dos valores patrimoniais, de defensa da natureza, de conservación do folclore e a cultura popular, e deportes e actividades de lecer e difusión das dúas comunidades, fomentando así os vencellos de amizade e colaboración entre os cidadáns de unha e outra procedencias.
  • Organización de actos de exaltación do sentimento da fraternidade europea. Xaneiro de 2.005

Contacto da Asociación
Mª Belén Jorge Estévez
loiraatlantico@yahoo.es