Privacidade

Privacidade e Protección de datos

Política de privacidade e RXPD

Informámoslle qué, en cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) en canto a normativa de Protección de Datos e tendo en conta as disposicións do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no tratamento de datos persoais (RXPD), e os respectivos artigos 13 e 14 do citado RXPD. Informámoslle que calqueira dos datos recabado por este medio ou que Vd. nos facilite, será incorporado a un Rexistro de Actividades de Tratamento denominado de Xestión Municipal do Concello das Neves.

LICITUDE DO TRATAMENTO: (RXPD e LOPDGDD)

ART. 6.1.e) O tratamento e necesario para o cumprimento dunha misión de interese público no exercicio dos poderes públicos conferidos o Responsible do Tratamento. REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS-INTERESE PÚBLICO e ART. 8 de Tratamento de datos por obrigación legal, interés público ou exercicio de poderes públicos. LOPDGDD-INTERÉSE PÚBLICO.

ART. 6.1.a) O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais, para un ou varios fins específicos. REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS- CONSENTIMENTO.

¿Quén é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?

Responsable do Tratamento: CONCELLO DAS NEVES
CIF: P3603400G
Enderezo Postal: Praza da Cristiandade, 1. As Neves. 36440 Pontevedra
Teléfono: 986 648 038
Correo electrónico: concello@asneves.gal

Delegado de Protección de Datos
Datos de contacto: Delia Pérez / Telf: 637 41 45 87 / deliapla@yahoo.es
Correo postal: Praza da Cristiandade, 1. As Neves. 36440 Pontevedra

¿Con que finalidade tratamos os seus datos?

Concello das Neves (en diante Responsible do Tratamento) trata a información obtida coa finalidade de poder xestionar os expedientes administrativos e as actuacións derivadas deles.

¿Por canto tempo conservaremos os seus datos?

O tratamento dos datos farase o longo do tempo necesario para poder cumprir coas obrigacións legais que encomenda a normativa administrativa, e sempre, cumprindo polo menos co tempo mínimo de conservación da información. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.

¿Existen decisións automatizadas?

Esta Entidade pode tomar decisións automatizadas baseadas na cobertura legal que lle outorga o artigo 41 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Entendendo por iso calquera acto ou actuación realizada integramente a través de medios electrónicos no marco dun procedemento administrativo e na que non interveña de forma directa unha persoa.

Deberá de regularse a toma de decisións automatizadas nunha normativa propia, definindo na mesma as especificacións, programación, mantemento, supervisión e control de calidade. Dita normativa estará a disposición dos cidadáns nas dependenzas de este Responsible de Tratamento -oficiña de Rexistro- ou nos medios electrónicos aquí reseñados.

¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o propio artígo 6.1.e) de que o tratamento e necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público e no exercicio de poderes públicos conferidos o Responsible do Tratamento.

Dar conformidade coa Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común e a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases del Réximen Local.

¿A que destinatarios se comunicaran os seus datos?

Os datos comunicaranse a outras Administracións Públicas sempre que sexa necesario para cumprir cos fins enumerados anteriormente, sempre que esté o Aveiro da normativa legal.

Os prestadores de servizos externos quedarán encadrados dentro da clasificación de Encargados de Tratamento, establecendo as esixencial legais vixente para o compromiso acadado, dentro de este apartado reseñar que o Responsible de Tratamento ten contratada a ferramenta XESTIONA é asinado contrato de encargado de tratamento ca empresa prestadora do servizo, ademais diste poderán xurdir prestación de servizos necesarias para este Responsable do Tratamento e poderán darse outros encargados de tratamento necesarios para a xestión municipal ademáis dos anteriores, todos eles se fose o caso serán clasificados como encargados de tratamento, o que quedarán baixo as esixencias legais das obrigas para ambalas dúas partes deberán cumprir, en base as esixencias legais do RXPD e da LOPDGDD.

¿Cáles son os seus dereitos en relación cos datos facilitados ou achegados?

Voste, e en xeral calqueira interesado ten dereito, a obter información e saber se este Responsible de Tratamento está tratando os seus datos persoais ou non. E tamén, as persoas interesadas teñen dereito a acceder os seus datos persoais, a saber cal e o prazo de conservación dos seus datos, mesmo a obter una copia dos datos obxecto do tratamento.

Así mesmo, ten dereito de rectificación dos datos se son inexactos. (Por exemplo, pode solicitar una rectificación do seu domicilio, un cambio de nome, etc.)

Os interesados e interesadas teñen dereito, á limitación do tratamento, para iso deberán de solicitalo ao responsable, o cal deberá de suspender o tratamento dos datos cando os cidadáns soliciten a rectificación ou supresión dos seus datos, ata que se resolva a súa solicitude.

Os interesados e interesadas poderán exercer o dereito, de supresión (dereito ao esquecemento) sempre que se dean as circunstancias enumeradas no RXPD.

O afectado ou afectada pode exercer, o dereito de oposición ao tratamento, sempre por motivos relacionados coa súa situación persoal, coa excepción do que se acredite un interese lexítimo, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións. Igualmente, cando o tratamento teña por obxecto a mercadotécnica directa.

O interesado ou interesada terá dereito á portabilidade e a obter os datos nun formato estructurado, de uso común e de lectura mecánica, o transmitilos a outro responsable do tratamento cando o tratamento este baseado no consentimento ou se execute por medios automatizados.

Os interesados poderán exercer os dereitos enumerados nos apartados anteriores persoandose no Responsable de Tratamento: CONCELLO DAS NEVES en Praza da Cristiandade, 1. As Neves. 36440 Pontevedra ou dirixíndose por vía e-mail a: concello@asneves.gal , ditas solicitudes deberán dirixirse a Delegada de Protección Datos, facendo referencia o dereito que pretende exercer e acompañando esta de copia do seu DNI/NIF ou documento que o identifique.

Recordarlle tamén que no caso de que a licitude do tratamento dos seus datos sexa o amparado no ART. 6.1.a) O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais, para un ou varios fins específicos. REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS- CONSENTIMENTO, ditto consentimento vostede poderá revocalo no intre que así o considere ou solicitanto a súa revocación a traveso dos medios indicados.

Lembre, que tamén poderá exercer os seus dereitos a traveso dos formularios dispoñibles na sede electrónica desta entidade https://concelloasneves.sedelectronica.gal/privacy.1 ou remitindo un escrito por correo postal o
enderezo indicado do Responsable do Tratamento.

Trámite electrónico

Exercicio dos Dereitos de Rectificación, Supresión, Limitación, Portabilidad ou Oposición en relación con
Datos de Carácter Persoal (ENLACES A FORMULARIOS)
https://concelloasneves.sedelectronica.gal/privacy.1

Solicitude de Acceso á Información Pública polos Cidadáns

¿Cando pode exercer o dereito de reclamacións ante as Autoridades de Control?

oderá presentar reclamacións ante as Autoridades de Control en materia de Protección de Datos competentes, especialmente cando non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos, mediante escrito dirixido á Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan núm. 6, 28001 Madrid ou ben accedendo á súa sede electrónica:

https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

INFORMACIÓN RELATIVO O TRATAMENTO DE DATOS: ESQUEMA RESUMO DE R.A.T. XESTIÓN MUNICIPAL CONCELLO DAS NEVES

O xeito de informar establecemolo por capas, e por medio do presente facemos un resumo en canto o tratamento dos seús datos no “Rexistros de Actividas de Tratamento de Xestión Municipal do Concello das Neves”, que vostede pode consultar, se así o considera. Tamén pode consultar o resto de Rexistros de Tratamento que esta entidade pon a sua disposición.

Rexistro do Tratamento Rexistro de Actividades de Xestión Municipal
Responsable do Tratamiento CONCELLO DAS NEVES
CIF: P3603400G
Delegada Protección de Datos Doña Delia Pérez
deliapla@yahoo.es
Colectivos Persoas físicas, incluidos representantes de persoas xurídicas, que se dirixen o Concello ou teñen parte interesada nun expediente administrativo. Interesados e interesadas e afectados en xeral.
Categoría dos datos Datos de carácter identificativo.
Datos de representación, se fose o caso.
Datos relacionados ca solicitude presentada e documentación achegada.
Outros datos requeridos en función do procedemento administrative do que se trate.
Outros datos: económicos, taxas, sancións, unidade familiar ou aqueles encadrados dentro do expediente.
Categoría dos destinatarios Órganos administrative os que se dirixa a solicitude de acordo o previsto no art. 16 da Lei 39/2015.
Órganos de outras admnistración públicas que deban emitir informes sectoriais.
Aquelas Administración competentes ou Órganos Xudiciales.
Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais e Outros.
Transferencia Internacional de datos Non están previstas
Prazos supresión Conservaranse o longo do prazo en base a normative esixible.
Medias de seguridade Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) do Cápitulo IV e Sección 1, Art. 24 e 25.
Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o ENS
Información e dereitos INFORMÁMOSLLE, que calquera dato recabado por este medio e que Vd. nos facilite, será incorporado a un Rexistro de Actividades de Tratamento de Xestión Municipal denominado do Concello das Neves, o tratamento dos seus datos farémolo co único fin de xestionar o devandito servizo e únicamente para xestión municipal ou trámite do seu expediente. Se vostede desexa acadar máis información do tratamento de datos, o xeito de informar establecémolo por capas e poñemos á súa disposición un cadro informativo do tratamento de datos que pode consultar nas dependencias de este Concello, así como exercer os seus dereitos: obter confirmación de si estamos tratando os seus datos, dereito de acceso, rectificar e suprimir os datos, solicitar a portabilidad dos mesmos, opoñerse o tratamento e solicitar a limitación deste, tamén no caso de considerar que os seús dereitos non son atendidos a presentar reclamacións ante a Autoridade de Control https://www.aepd.es/, poderá exercer os seús dereitos dirixindose a esta entidade en: Praza da Cristiandade, 1. As Neves. 36440 Pontevedra, ou por vía e-mail a: concello@asneves.gal ou a traveso da sede electronica do Concello. Ditas solicitudes deberán dirixirse a Delegada de Protección Datos, facendo referencia o dereito que pretende exercer e acompañando esta de copia do seu DNI/NIF ou documento que o identifique.
Entidade Responsable
Concello das Neves

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA E ENLACES DO SEU INTERESE

Poderá acceder á Política de Privacidade, Esquema Nacional de Seguridade e Política de Cookies nos seguintes
enlaces da sede electrónica do Concello das Neves:

Política de Privacidade: https://concelloasneves.sedelectronica.gal/privacy.0
Esquema Nacional de Seguridade: https://concelloasneves.sedelectronica.gal/ens.1
Política de Cookies: https://concelloasneves.sedelectronica.gal/cookies.2

ADEGAS VIÑA NORA

Situada nunha terraza natural sobre o río Miño, no barrio de Bruñeiras (As Neves), dentro da comarca vitícola do Condado do Tea e fronteiriza con Portugal. A propiedade de Viña Nora está formada por 14 hectáreas de viñedos. A adega tutela ademais a produción dun centenar de pequenos colleiteiros, repartidos entre o Condado do Tea e outras comarcas como Val do Salnés e Ribeira do Ulla.

Tódolos anos, un dos seus principais retos é elaborar Nora da Neve, un viño seleccionado en cuxa composición interveñen os mellores acios de Albariño e que fermenta integramente en barricas de carballo francés, rendendo homenaxe á tradición dos antigos brancos desta terra, que permanecían conservados en vellos envases de carballo ata a comercialización no seu segundo ano de vida.

Adega elaboradora de viño branco baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. Ademais de degustar os seus exquisitos e premiados viños, é posible realizar visitas ás súas instalacións xa que está dentro da Ruta do Viño Rías Baixas. As marcas coas que comercializa os seus viños son: Val de Nora, Nora e Nora da Neve.

LAGOA DE MEDÁNS

Situada na parroquia de Setados, é un recuncho para sentarse, respirar e tomar folgos ao carón do Camiño dos Pescadores. A confluencia do río Termes co Miño creou un ecosistema de gran valor ecolóxico, incluído dentro da Rede Natura 2000, no que habita unha especie de tartarugas pouco común, o sapoconcho riscado ou sapoconcho leproso. Esta é unha tartaruga de auga doce, autóctona da Península Ibérica e moi escasa na nosa comunidade. A súa conservación enfróntase a graves problemas pola degradación dos hábitats, da súa captura como mascota e da competencia polo alimento con outras especies introducidas polo ser humano. Esta tartaruga é unha especie carnívora que se alimenta basicamente doutros animais como tritóns, ras, caracois, vermes e pequenos peixes. Ademais, existen diferentes lendas asociadas a este lugar…

Non habendo campás na igrexa de Setados, os veciños da parroquia reuníronse e foron a roubar unhas a Portugal pero cando volvían, os bois que as transportaban asustáronse e guindaron as campás ao fondo da lagoa, onde aínda resoan cada 24 de xuño, delatando a quen as roubou”

ÁREA RECREATIVA DE POUSADOIRO

Área recreativa emprazada na ladeira do monte de San Nomedio, no lugar de O Pousadouro, nun entorno natural e rural. A vexetación que se pode atopar está constituída por castiñeiros, con sotobosque de variadas especies.

É unha área de recente construción e constitúe un lugar de parada e repouso no Camiño dos Frades, así como un emprazamento habitual de descanso para aqueles que practican, por exemplo, sendeirismo ou os que participan na romaría de San Nomedio.

PRAIA FLUVIAL SANTA MARIÑA

A praia fluvial de Santa Mariña está emprazada nunha zona natural, que destaca especialmente polo seu entorno, bosque autóctono nas inmediacións do río Miño. É ideal para gozar en compañía de familia e amigos, á beira da Área Recreativa de Santa Mariña, nas parroquias de Liñares e Tortoreos.

PRAIA FLUVIAL PORTOMAIOR

Na beira do río Miño, na parroquia de As Neves, localízase a praia fluvial de Portomaior. Está situada nun magnífico entorno natural, con especies arbóreas. Polo seu carón transcorre o Camiño dos Pescadores. Conta cunha área habilitada con mesas, bancos e unha fonte, perfecta para facer pícnic en boa compañía.

Para chegar ata ela debemos tomar a estrada que baixa ata a estación FF.CC de As Neves e antes de chegar a esta coller un desvío a man dereita que nos conducirá ata ela.

PRAIA FLUVIAL DA CEÑA

PRAIA FLUVIAL GULÁNS

CHAN DA BESADA

Nun lugar onde os cotos teñen nome de animal, reúnese o gando do monte sen que ninguén saiba o motivo. Situado na parroquia máis alta do concello, Cerdeira, recibe este nome do apelativo “besada”, que é un tipo de arado co que se asucaba o monte.

Os animais xúntanse onde se forma unha lagoa vida a menos, que segundo a tradición oral mesmo puido ser un glaciar.

Dende a ermida parte o coñecido como Camiño dos Pescadores, unha senda duns 3,5 km que conduciranos polas beiras do Miño ata a praia fluvial de Guláns, percorrendo elementos etnográficos como as pesqueiras e outras construcións relacionadas co contrabando dos últimos séculos con Portugal e a Raia.

FERVENZA E MUÍÑO DA CEÑA

Moi cerca dos límites do concello das Neves e Salvaterra desemboca o Río Xuliana no Río Miño e faino en forma de cascada. Este río nace no monte Feresvello, ten un largo de 5 quilómetros. Pasa por Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca en forma de cascada duns 5 metros de altura, moi preto da Área Recreativa de Santa Mariña.

Fervenza duns 5 metros, que resulta da desembocadura do río Xuliana no río Miño. Uns metros antes existe un muíño abandonado que hai anos quizais daría o nome de A Ceña. Unha “aceña” é un muíño que se diferencia do resto pola posición vertical da súa roda. Ademais, xunto a fervenza, existe un areal que no verán se converte en praia fluvial.

SEÑORÍO DE RUBIÓS

Situada na parroquia de Rubiós, é unha adega diferente dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, xa que elabora viños brancos, pero tamén aposta pola elaboración con variedades tintas autóctonas.

Que a adega se encontre situada na Subzona do Condado do Tea marca fortemente a súa filosofía, por iso, o seu principal obxectivo é recuperar e manter o legado vitivinícola existente dende sempre nesta zona.

Os seus viños elabóranse con uvas autóctonas de máis de trescentos pequenos viticultores, xa que estas variedades son as que mellor se adaptan as terras que van dende a ladeira de San Nomedio ata o río Miño, terras fértiles e moi minerais, que orograficamente se dividen en parcelas moi pequenas, onde gran parte do traballo se fai de forma manual, aportando as viñas un trato cercano e menos intensivo. Destacan viños brancos, tintos, licores, augardente e viños espumosos tanto brancos como tintos. Comercializan baixo etiquetas como: Señorío de Rubiós, Nande, Manuel d’Amaro, etc.

Ofrecen visitas á adega xa que esta adega está incluída na Ruta do Viño Rías Baixas. Faise un percorrido polas instalacións e viñedos transmitindo como unha uva “pedral” ou “treixadura” chega a unha copa en unha cata ou degustación final.

PESQUEIRAS SOBRE O MIÑO

As pesqueiras son unha serie de construcións que serven para capturar peixes de río, como lampreas, anguías, troitas e salmóns e están sitas entre correntes e remuíños. Atopámolas no ríos máis importantes de Galicia (o Miño, o Ulla ou o Tambre). Este tipo de estruturas para a pesca fluvial son, quizais, dos máis enxeñosos e antigos que se conservan na nosa xeografía. Realizadas en cachotería de granito e sen ningún tipo de argamasa semellan grandes murallas de pedra sobre o río, divididas en dous, tres ou catro “poios” que conforman estreitos caneiros por onde discorre a auga e onde se colocan os “buitiróns”. Estas son grandes redes de pesca, de forma cónica, onde as capturas entran pero non son capaces de saír.

As pesqueiras alcanzan os cinco metros de lonxitude, os dous metros de ancho e os seis metros de altura constituíndose como verdadeiros farallóns de pedra sobre o Pai Miño. Elementos que se confunden coas paredes verticais que neste punto do río, se aproximan para acubillar o rápido discorrer das augas e no que os límites do construído polo home e a forza da natureza esvaécense nun marco de incomparable beleza.

Dende antigo, este tipo de construcións utilízanse principalmente para a captura da raíña dos nosos ríos, a lamprea. De feito, xa aparece relatado no “Índice de la renta del Monasterio de A Franqueira y de los títulos y foros que para cobrarla hay en su archivo” o pago de foros en lampreas xa no século XVII, a este mosteiro por parte do Conde de Salvaterra, propietario de moitas destas construcións.

Estes bens son de propiedade particular e pasan de xeración e xeración, polo que aínda hoxe en día, existen familias nas Neves que fan uso delas. Numeradas correlativamente, neste tramo do río poderás ver máis de 50 pescos ou pesqueiras.

No lugar de Prado (parroquia de Vide) e no Camiño dos Pescadores pasearás entre estas construcións, palpar parte do noso acervo cultural e admirar as magníficas vistas sobre o Miño que o municipio de As Neves nos ofrece.

PONTE DAS PUNTALEIRAS

Construción incluída no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034049. Situada tamén sobre o río Termes á altura de Mirenciños, na parroquia de Vide, pola que pasa o Camiño dos Frades. Pese a que algunhas referencias databan a esta ponte como unha construción da época romana, probablemente sexa produto da Alta Idade Media. A ponte consta dun só arco apuntado duns 5 metros de altura e 7,5 metros de ancho. Na parte interior deste arco existen diversas marcas de canteiro. A lonxitude total da ponte ronda os 20 metros, e a anchura os 3,30 metros.

FURNAS DA RIBADEIRA

No ano 1994 o lugar foi rehabilitado, dotándose a zona con mesas, barbacoas e todo o necesario neste tipo de áreas recreativas, que no verán convértese nun lugar ideal para pasar o día e así tamén gozar da praia fluvial e refrescarse ás beiras do Miño. Para chegar a Santa Mariña debemos acceder dende Liñares e cruzar a estrada As Neves-Salvaterra mediante un viaduto. Se accede á área baixo a antiga ponte (s. XIX) do tren de Santa Mariña.

Dende a ermida parte o coñecido como Camiño dos Pescadores, unha senda duns 3,5 km que conduciranos polas beiras do Miño ata a praia fluvial de Guláns, percorrendo elementos etnográficos como as pesqueiras e outras construcións relacionadas co contrabando dos últimos séculos con Portugal e a Raia.

RUTA DA LAMPREA

Ruta proposta sobre tres río galegos como son o Tambre, Ulla e Miño. Neste caso, no itinerario relacionado co río Miño, centrarémonos na exposición do traxecto ao seu paso polo concello das Neves.

Con inicio na Casa da Auga en Vide e fin na Área Recreativa de Santa Mariña, Liñares. Este percorrido nun principio está pensado para ser desenrolado en coche, pese a que ten unha extensión de 8 quilómetros, polo que podería ser realizado a pé. Ruta que vai pararela ao canle do río Miño, ofrecendo a oportunidade de visitar as típicas pesqueiras empregadas para a captura da lamprea. Son dúas as incluídas nesta ruta, denominadas Peneliña e Varandoiro.

Unha vez chegados á Área de Santa Mariña, atoparemos alí un lugar perfecto para gozar de natureza e tranquilidade. É neste punto tamén onde se sitúa o comezo do Camiño dos Pescadores, polo que pode ser unha boa oportunidade para realizar esta pequena ruta de sendeirismo.

CAMIÑO DAS FONTES

Ruta que se celebra especialmente a finais de xullo, comezando no Pazo de Tortoreos e seguindo por diversas fontes ata chegar á Área Recreativa de Santa Mariña. Os veciños decoran nesta ocasión as fontes, adornándoas especialmente para os camiñantes, que se van parando en cada unha delas. O percorrido que é ademais amenizado normalmente por un grupo musical, remata cun xantar a prezos populares.

SENDEIRO DOS PESCADORES

Ruta lineal no que se percorre ó longo de máis de 6 km a beira galega do Miño, entre as augas do río e a vía do ferrocarril, que discorren paralelos aproveitando a mesma fractura tectónica. Este pequeno percorrido resulta intenso pola diversidade de formacións vexetais e a singularidade dalgúns dos elementos etnográficos, como é o caso das pesqueiras e dos pescos. O Sendeiro está equipado con escaleiras para salvar as escarpas máis complicadas e bancos para descansar, ademais de miradoiros para gozar das panorámicas. Conta tamén con dúas áreas de descanso e con fontes ó longo do percorrido. Comeza o sendeiro no contorno na Área Recreativa de Santa Mariña, nas parroquias de Tortoreos e Liñares. Percorrendo o sendeiro tamén podemos coñecer as ruínas da Casa da Barca, antigo posto fronteirizo que servía para controlar o estraperlo con Portugal. Remata o sendeiro na Estación de tren de As Neves.

ABADÍA DE TORTOREOS

Esta adega familiar de uva propia está situada na parroquia de Setados, na ribeira do río Miño. Elabora tres viños: Albariño, Albariño Barrica e Condado do Tea.

Froito do traballo, do esforzo e da tradición, os viñedos cóidanse artesanalmente facendo que as cepas seleccionadas produzan uvas de albariño que se mima e xunto coa climatoloxía xera un viño de produción propia, cunha elaboración totalmente artesanal, sen engadidos, fermentos nin outros aditivos. Os seus viños están presentes no mercado español, europeo e americano. A meta desta adega é seguir plantando, elaborando e comercializando os seus viños. Esta adega elabora viños brancos de autor amparados pola Denominación de Orixe Rías Baixas dende o ano 1990, incluídos na subzona do Condado do Tea. Os seus viños recibiron tamén numerosos premios ao longo dos últimos anos.

ÁREA RECREATIVA SANTA MARIÑA

Área recreativa situada nas proximidades do río Miño nas parroquias de Tortoreos e Liñares, na que poderá gozar dun día en familia rodeado de especies arbóreas autóctonas e a benignidade do río Miño. A súa orixe céntrase na ermida de Santa Mariña sita no medio do área e trátase dunha sinxela construción dedicada a Santa Mariña, do século II. A construción existente hoxe en día é unha capela de planta única e rectangular cunha sinxela espadana e cuberta de tella a dúas augas. Poderíase adiviñar un templo do século XVIII, que tendo en conta a remota devoción da santa, levaríanos á conclusión da existencia dunha construción moitísimo máis antiga da cal hoxe non existe á vista. A situación da ermida podería indicar un lugar sagrado e venerado e para elo debemos indicar a presenza moi cerca do coñecido como Castro da Graña, e sobre todo a súa localización ás beiras do Miño, emprazamento utilizado polos nosos antepasados dende hai 400.000 anos.

No ano 1994 o lugar foi rehabilitado, dotándose a zona con mesas, barbacoas e todo o necesario neste tipo de áreas recreativas, que no verán convértese nun lugar ideal para pasar o día e así tamén gozar da praia fluvial e refrescarse ás beiras do Miño. Para chegar a Santa Mariña debemos acceder dende Liñares e cruzar a estrada As Neves-Salvaterra mediante un viaduto. Se accede á área baixo a antiga ponte (s. XIX) do tren de Santa Mariña.

Dende a ermida parte o coñecido como Camiño dos Pescadores, unha senda duns 3,5 km que conduciranos polas beiras do Miño ata a praia fluvial de Guláns, percorrendo elementos etnográficos como as pesqueiras e outras construcións relacionadas co contrabando dos últimos séculos con Portugal e a Raia.