Concello das Neves

Melgaço acolle a presentación da XXIX Feira do Requeixo e do Mel das Neves que terá lugar o 15 e 16 de abril

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

As Termas de Melgaço foron o lugar elixido para presentar este venres a XXIX edición da Feira do Requeixo e do Mel, que terá lugar nas Neves o 15 e 16 de abril. O acto coincidiu coa presentación da ‘Festa do Alvarinho e do Fumeiro 2022’, que acollerá a localidade portuguesa unha semana máis tarde: do  22 ao 24 de abril.

«A cooperación é esencial»

No acto, ao que acudion os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e A Cañiza, Luis Piña, o anfitrión,  o presidente da Cámara Municipal, salientou a estreita amizade entre os concellos do Condado Paradanta e Melgaço e amosouse agradecido de que o alcalde das Neves elixise a súa vila para esta presentación.

Manoel Batista Calçada apostou por potenciar o intercambio entre as dúas beiras da fronteira, entre Galicia e Portugal, «no eido cultural, social  e económico», asegurando que esa proximidade e esa cooperación «non son so potencian as nosas relacións senón que son fundamentais para os nosos territorios».

«Agarimo e Tradición»

Alejandro Martínez, presidente da Sociedade Cooperativa Agraria Condado-Paradanta,  referiuse á internacionalización dun produto que está moi presente no Condado, na provincia de Pontevedra, que é un dos máis recoñecidos en Galicia e que está feito con agarimo e tradición.

«O mellor requeixo do mundo»

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, agradeceu «moi de corazón», o acollemento de Melgaço e do presidente da Cámara Municipal, e subliñou a «gran trascendencia e importancia» da integración dos concellos de A Cañiza, Arbo e As Neves con Melgaço.

O rexedor gabou a calidade dos produtos locais e asegurou que o seu coidado, a súa elaboración e o traballo para melloralo, realizado ao longo de décadas, e especialmente «nos 31 apasados dende que iniciamos a Feira do Requeixo e do Mel», fixeron posible que As Neves poida asegurar que conta co «mellor requeixo do mundo».

«Quero e agardo que veñades ás Neves», rematou o alcalde, quen dixo estar encantado de consolidar o segundo día da festa, o sábado, que xa é parte da mesma, e invitou a participar e gozar dos eventos programados que, dixo, abranguen dende actividades deportivas, pasando por ‘showcooking’, unha andaina pola ‘ruta’ do requeixo e do mel, ou a posibilidade de coñocer a historia da súa elaboración.

A Feira retoma o seu ‘formato habitual’

Este 2022, logo de dous anos sen celebrarse, As Neves recupera o ‘formato habitual’ da feira e organiza diferentes actos ao longo dos días previos, comezando o vindeiro martes, día 29, co ‘Concurso de Receitas con Requeixo’, no obradoiro do centro EFA A Cancela.

A programación continuará o 6 de abril co ‘Requeixo Miúdo’, actividade educativa con requeixo e mel, no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé; o día 9, no Pavillón Municipal disputarase o Campionato de Bádminton, ‘IV TTR As Neves’; o domingo, 10, será a ‘Andaina do Requeixo e do Mel’, con saída ás 9:30 dende a Praza do Concello e ás
10:30  dende a casa do forestal de San Xosé de Ribarteme, e
rematará en Cerdeira,  o día 13, chegará o momento do ‘Showcooking’, tamén nas instalacións de EFA A Cancela.

Comezo da Feira

O ‘día forte’ será o ‘venres santo’, día 15, que comezará coa apertura da feira ás 11:00h; Animación musical, con ‘O cego na feira’; seguirá a recepción na Casa do Concello, ás 11:30h.; ás 12:00h. Iñaki Bretal, integrante do Grupo Nove, chef do Restaurante O Eirado da Leña, galardoado cunha Estrela Michelín, será o encargado do ‘Pregón Gastronómico’e da entrega dos premios do Concurso de Receitas con Requeixo.

Pola tarde, dende as 16:30h. ábrese o momento dos máis pequenos, con ‘A máquina do tempo’, actuación a cargo de Teatro Ghazafelhos; de 17 a 20:00h.seguirán distintas actividades na Casa da Xuventude, ademáis, ese venres e o sábado, día 16, estará aberto un espazo infantil permanente.

Xa a última hora, concerto na Praza Maior, a cargo da Guadi Galego, dentro do Programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Sábado 16

Ás 11:00h. apertura da feira; ás 13:00h. a tradicional ‘Vermú musical’ na Praza Maior, coa Coral Santa Mariña, das Neves; ás 18:00h,concerto no mesmo lugar, a cargo de Paraíso Canto e ás 20:00h. Clausura da Feira.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email