O Concello das Neves ten concedida unha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, para o programa denominado “Mocidade en Galego 2023”, co obxecto de desenvolver actividades de dinamización da lingua galega, ao abeiro da ORDE do 6 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PL400A) , publicada no DOG núm. 54 de 17 de marzo de 2023.
Unha das actividades programadas é a representación da obra de teatro “Sofía Unipersoal”.
Sofía é un espectáculo unipersoal de Marta Pérez, próximo ao teatro-conferencia, realizado ad hoc a partires da montaxe maior da Cía Inversa Teatro Sofía e as Postscocráticas.
Trátase dunha acción escénica na que a actriz, no escenario e acompañada da súa propia máscara (Platón), fai unha reflexión en torno á necesidade de buscar un novo xeito de reflexionar ante a problemática da violencia machista.
O espectáculo dunha duración de vintecinco minutos ofrece unha panorámica ante o que sustenta a violencia de xénero: o silencio, a negación, a xustiza patriarcal e o efecto espectador.
A represntación levouse a cabo o 5 de maio de 2023, ás 12h. no Auditorio Municipal José Gil. Asisitiron alumnado de 1°,2° e 3° de ESO do IES Pazo da Mercé das Neves.