Concello das Neves

Modelo de Alegacións contra o Parque Eólico Coto dos Lobos dispoñible para a veciñanza

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Está dispoñible para descarga da veciñanza un modelo simplificado de alegacións contra o proxecto do Parque Eólico Coto dos Lobos (expediente IN408A 2021/007). O modelo foi elaborado a partir dos datos recollidos no Informe Técnico do Concello das Neves, destacando as eivas identificadas no estudo de impacto ambiental presentado pola empresa e expresando o rexeitamento ao proxecto en base aos resultados.

Para facilitar o proceso, achéganse dous documentos: un en formato listo para impresión e outro en formato editable, que permite realizar modificacións ou engadir aspectos adicionais.

As alegacións poderán presentarse ata o 20 de novembro de 2024, a través do rexistro electrónico ou de maneira presencial no rexistro de calquera organismo público.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email