O Concello das Neves ten concedida unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA cambio climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, (DOG nº 104 do 2 de xuño de 2023), por un importe de 399,45 euros para a anualidade 2023 e de 16.454,38 para a anualidade 2024, para levar a cabo a actuación denominada «Acción conxunta para integrar e estender unha rede de sombreado natural nas rúas e prazas do núcleo urbano das Neves, orientada a atenuar o efecto illa de calor urbana e facilitar a circulación a pé durante a época estival».
Mediante esta subvención, realizáronse as seguintes actuacións:
- Divulgación proxecto PIMA – As Neves, na anualidade 2023.
- Redacción de proxecto estratéxico para a implantación dunha infraestrutura verde no núcleo urbano (PIMA), na anualidade 2024.
- Intervención inicial de xardinería para crear zonas de sombra nos puntos principais do casco urbano, mediante a plantación e reposición de arborado, na anualidade 2024.