O Concello das Neves, ten concedida unha subvención para a contratación laboral temporal dunha persoa desempregada ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, publicada no DOG núm. 108 de 11/06/2026. Ao abeiro desta orde se levou a cabo a contratación dun posto de xardineiro, grupo de cotización 8 (CNO 6120), durante 9 meses a xornada completa.
O importe da axuda concedida ao Concello de As Neves, ascende a cantidade de 16.902,64 euros
Esta axuda está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4 “Unha Unión Europea máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1 “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02 “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”



