O vindeiro xoves, 30 de decembro, haberá unha Unidade Móbil de doazón de sangue fronte ao Centro de Saúde das Neves, en horario de 10:00 a 14:00 – 16:00 a 21:00 horas.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas.
É preciso levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar; e un informe ao médico se se está a tomar algún medicamento.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Premendo AQUÍ atoparás información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar. Lembra que cada día, hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental.