O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) pon en marcha este venres a nova Unidade de Saúde Mental ambulatoria no Centro de saúde de Ponteareas, que atenderá á poboación adulta da comarca de O Condado. En total, dará cobertura a 50.000 veciños dos concellos de Ponteareas, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Covelo, Crecente, Arbo, Salvaterra e As Neves.
A nova Unidade conta cun equipo de 5 profesionais: 2 psiquiatras, 1 psicólogo, 1 enfermeira especializada en saúde mental e 1 administrativo, ainda que polo de agora, mentres se executa a reforma no andar -1 do actual centro de saúde, o servizo inicia o seu funcionamento con 1 psiquiatra e en quenda de tarde.
Esta nova unidade comeza o seu traballlo coa finalidade de evitar que as veciñas e veciños das Neves– e do resto dos concellos do Condado- teñan que desprazase a Vigo para recibir este tipo de atención.