Concello das Neves

Este luns, 9 de maio volve ‘O Concello Escoita’

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Goberno local retoma dente a vindeira semana as reunións coas veciñas e veciños de todas as parroquias das Neves. O programa ‘O Concello escoita’, regresa logo dun paréntese de catro anos, forzado polas consecuencias dos incendios de  outubro de 2017 e pola pandemia da COVID.

Durante as vindeiras semanas, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e as concelleiras e concelleiros responsábeis dos diferentes departamentos do Concello, responderán a todas as preguntas que lles consideren os veciños, recibirán as súas propostas, suxestións e demandas e explicarán os proxectos xa realizados nos últimos meses, os que están en marcha na actualidade e aqueles que está previsto que comecen nas vindeiras semanas.

DATAS

Luns 09/Maio- Estación. 21:15h. Escola

Venres 13/Maio.- Taboexa, 20:30 Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural

Mércores 18/Maio.- As Neves, 20:30 Casa da Xuventude

Xoves 19/Maio.- San Cibrán de Ribarteme, 20:30h. Escola

Venres 20/Maio.- San Pedro de Batalláns, 20:30h. Escola

Luns 23/Maio.- San Xosé de Ribarteme, 20:30h. Escola

Mércores 25/Maio.- Rubiós,  20:30h. Casa da Música

Venres 27/Maio.- Cerdeira, 20:30h. Escola

Luns 30/Maio.- Liñares, 20:30h. Escola

Mércores 1/Xuño.-  Santa Eulalia de Batalláns, 20:30h. Escola

Xoves 2/Xuño.- Santiago de Ribarteme, 20:30h., C.Cultural

Luns 6/Xuño.- Setados, 20:30h. Escola

Mércores 8/Xuño.- Tortoreos, 20:30h. Escola

Venres 10/Xuño.- Vide, 20:30h. Casa da Auga

Aquelas persoas que por calquera motivo non poidan asistir ás reunións e queiran facer algunha demanda, expor unha proposta ou trasladar unha queixa ou idea ao Concello, poden facelo mandando un correo electrónico a: oconcelloescoita@asneves.gal

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email