Concello das Neves

Xosé Manuel Rodríguez, inicia nas Neves, como vicepresidente do GDR Condado Paradanta, un ciclo de sesións informativas en concellos do territorio

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

 

Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta inicia este mércores  un ciclo de sesións informativas nos diferentes concellos do territorio, para convidar a asociacións culturais, veciñais e sociais, a colaborar de maneira conxunta no desenvolvemento comarcal.

Será Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves e vicepresidente do GDR Condado Paradanta, quen dea comezo a estas sesións, este mércores, día 22 de xuño, ás 21:00h. na Casa da Xuventude das Neves.

O obxectivo principal  destes encontros é poder contar coa colaboración dos diferentes actores socioeconómicos do territorio e os destinatarios das mesmas son os membros de entidades públicas e privadas que poidan encadrarse nalgunha das seguintes mesas
sectoriais: asociacións de mulleres, asociacións de mozos, asociacións de acción social; asociacións cuxo obxecto social garde relación coa protección, conservación e/ou mellora do medio ambiente; asociacións do sector agrario, asociacións de empresarios e agrupacións de profesionais; asociacións do sector cultural, educativo ou etnográfico e o sector público.

Reunións

Desde o 22 de xuño ao 6 de xullo o GDR percorrerá os 10 concellos que forman parte do territorio para dar a coñecer o traballo da entidade e informar sobre as posibilidades de participación dos diferentes actores sociais. Así, Pablo Castillo, presidente do GDR, achegarase aos concellos da Paradanta e o alcalde das Neves aos do Condado-Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra e Ponteareas, ademáis das Neves.

Grupo de Desenvolvemento Rural

O GDR Condado Paradanta constituíse en 2008 para integrar e representar axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos interesados en promover o desenvolvemento da zona.

Xestiona proxectos comarcais e Fondos Europeos, a través do Programa Leader Galicia mediante un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, orientados ao desenvolvemento socioeconómico do territorio de actuación.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email