120 corredores participarán na os ‘100km btt do Condado’, presentado hai un días nas Neves, coa presenza do segundo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Óscar González, Cristina Costa, representante das adegas Marqués de Vizhoja, que patrocina a proba, Diego Fernández e Hugo Ubeira, do Club Cornelios, organizador da proba, e José Manuel Araujo, director de carreira.
O club Cornelio-Marqués de Vizhoja volve a impulsar este evento, que comezara a disputarse en 2019 e que por mor da Covid non se disputara os dous últimos anos. A carreira regresa con máis forza e ilusión cubrindo un percorrido circular que terá a súa saída e meta nas Neves e un avituallamento no marco inconfundible do pazo das adegas Marqués de Vizhoja.
Tres percorridos
Os participantes, que sairán ás 08:30h. da Praza Maior das Neves, poderán usar tanto bicicletas eléctricas (E-MTB) como as tradicionais bicicletas de montaña (MTB), percorrerán tres distancias posibeis: 100 quilómetros, a modalidade de 75 quilómetros e, igual de emocionante e coa mesma dificultade, a ruta de 55 quilómetros ,polos montes e pistas de As Neves, Arbo, A Cañiza, Mondariz e Covelo.
A proba conta con horas de corte para que ningún dos participantes permaneza no monte máis tempo do estimado pola dirección da carreira e evitar posibles incidencias nunha proba dura, tanto pola súa localización como pola distancia da mesma.
Deporte, turismo e solidariedade
Este encontro deportivo, ademáis de para gozar desta modalidade deportiva, do esforzo e da natureza, serve como promoción turística do Condado Paradanta, para dinamizar o medio rural e comprometerse coa sociedade por medio da colaboración coa Asociación Fibrose Quística de Galicia, como ven facendo o Club Cornelio-Marqués de Vizhoja dende a súa fundación.