Concello das Neves

As Neves solicita unha subvención de 783.000€ do Programa DUS 5000 para a mellora do alumeado, aforro enerxético e recarga de vehículos eléctricos

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Goberno municipal vén de presentar solicitude de subvención do Programa DUS 5000 que forma parte do Proxecto de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, está destinado aos concellos de reto demográfico, apoiando actuacións que constitúan proxectos singulares de enerxía limpa.

Entre eles están os de eficiencia enerxética en edificios e infraestructuras públicas; fomento das inversións verdes ou  medidas de aforro enerxético e mellora do alumeado público- que completarían as xa postas en marcha polo Goberno local das Neves-.

En total o Concello solicta  783.862,43 € para distintas inicitivas :

Instalacións de Xeneración  Eléctrica Renovable para Autoconsumo

Instalación fotovoltaica sobre o pavillón municipal, en réxime de autoconsumo e con compensación de excedentes. A enerxía producida será consumida polo pavillón e os edificios próximos como a gardería e colexio. A potencia a instalar sobre o teito do pavillón prevese que sexa de 79,20 kWp en 176 módulos.

Loita contra a contaminación lumínica, alumeado eficiente e intelixente, Smart rural e TIC

Renovación final do alumeado público. Cambio dos últimos cadros de mando e farolas pendentes. Iluminación de zonas sensibles como pasos de peóns, paradas de bus, zonas de tránsito peonil e tamén a mellora da iluminación exterior de edificios públicos, prazas e instalacións deportivas coa colocación final de máis de 300 elementos de iluminación.

Mobilidade Eléctrica

Instalación de 2 zonas de recarga para vehículos eléctricos. En cada zona un poste con 2 tomas para recarga de 22kw. Os posibles lugares serían o aparcadoiro da rúa Esperanza e a zona entre o Concello-Auditorio e Mercado.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email