Concello das Neves

O Concello destina preto de 195.000 euros ás obras de emerxencia, que comezan esta semana, para reparar os danos do temporal

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello comezará a finais desta mesma semana as obras de emerxencia necesarias logo dos danos causados polo temporal do nadal.  As mesmas foron encargadas a dúas empresas das Neves, de xeito directo mediante un procedemento de urxencia.

Inicialmente o Goberno municipal estimara un orzamento de emerxencia superior aos 100.000 euros, pero finalmente, á vista da importancia dos danos, os traballos requeriran dun investimento de 194.852,72 euros, que se financiarán, inicialmente, con cargo aos remanentes do propio Concello, ainda que esta cantidade xa foi reclamada ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia.

As obras comezarán nestes lugares

Taboexa:

  1. Regonovo: Muro na pista de Regonovo.
  2. Reguengo e Cño Preguntouro,  cambiar tubo, baleirar poza, axeitar camiño, realizar muro para suxeitar a pista.
  3. Decantadora do Freiro, reconstruir último pozo, facer escollera e recheo.
  4. Leiradiño: levantar pista, repoñer tubos máis anchos e reasfaltar.
  5. Arufe: baleirar poza. 
  6. Gurbelas: cambiar e ampliar tubos.
  7. Costoura: cambiar, ampliar tubos e realizar limpeza da canalización da cuneta da pista e dende os depósitos.

Rubiós:

Pista da Mo: realizar muro no cruzamento do río Xuliana para suxeitar a pista.

Zona da Estación:

  1. Pista a Guláns. Muro de contención da pista
  2. Deputráns. Meter tubos e tapar buratos.

San Nomedio:

Colocación de nova tajea e facer cuneta para evitar auga no Rodeiro.

Santa Eulalia de Batalláns:

  1. O Pio. Entrada ao barrio muro de contención.
  2. O Viso.  Muro de contención e reposición firme.
  3. O Viso – Tajea que atravesa a estrada
  4. O Viso – Presa. Muro no talude de soporte de pista.
  5. O Pio – Trasdoval.  Muro de contención pista contra o regato.
  6. Pasqueixóns. Muro de contención que soporta un camiño.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email