Concello das Neves

Dende o luns, día 6, o Mercado municipal estará pechado dúas semanas para a realización de obras de mellora hixiénico-sanitarias

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Dende o luns, día 6 de marzo, e durante un período de dúas semanas, o Mercado municipal permanecerá pechado pola realización de obras de mellora no mesmo. Estes traballos, aos que o Concello destina un orzamento de preto de 30.000 euros, son indispensábeis e inaprazábeis para adaptar a ‘praza’ das Neves ás normas  hixiénico-sanitarias ditadas pola Xunta de Galicia en relación cos mercados de abastos.

Así, nestas dúas semanas vaise a retirar o chan actual para colocar outro, faranse traballos de albanelaría na parede da parte posterior, reformarase a zona de almacenaxe, vaise a acometer a reparación dos azulexos, pintado e a substitución da porta por unha nova.

Os postos estarán na rúa José Gil

O alcalde reuniuse estes días pasados coas e cos profesionais aos que máis vai afectar este período de obras, especialmente aos adicados a venda de peixe, que terán a alternativa de instalarse cos seus vehículos autovenda na rúa José Gil, os dous días – tres horas cada un deles, de 9 a 12- que non poderán estar na Mercado. Ademáis, Xosé Manuel Rodríguez transmitiulles que o Concello manterá este ano o prezo da concesión, de 20 euros ao mes, que están a pagar polo uso do posto na praza de abastos.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email