Concello das Neves

O Concello segue cos traballos de mantemento das escolas unitarias e o colexio das Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A Concellería de Ensino, que dirixe Pilar González Casas, segue a traballar para manter en bo estado as  escolas unitarias  de Rubiós e Taboexa e CEIP das Neves.

 

«Está semana remata a pintura da aula de psicomotricidade da escola de Taboexa e tamén se limparon os xardíns exteriores, tanto nesta escola coma na de Rubiós. Ademáis, no colexio estanse a podar as árbores do recinto«, sinala a concelleira.

Precisamente, na zona do colexio, estase a cortar unha das árbores da zona de acceso ao centro. A medida tomouse ante o seu mal estado e a ameaza de que puidese caer e causar danos ás persoas, ademáis do feito de que causaba importantes danos ao muro.

Aberto o período de solicitude de matrícula

Así mesmo, lembrade que está aberto o período de solicitude de matrícula para o vindeiro curso que pode tramitarse dende o pasado día 1 ata o 20 de marzo.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email