A Deputación Provincial de Pontevedra, aprobou a concesión dunha subvención ao concello das Neves ao abeiro do Plan +Provincia para a activación do Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2024 (Liña 3), por importe de 118.941,28 euros, polo que o Concello das Neves contratará a 8 persoas desempregadas, a xornada completa durante o ano 2024.
As traballadoras e traballadores que se contraten, tal como establecen as anteditas bases Reguladoras, deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, como demandantes non ocupadas e dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.
Características dos postos:
MANTEMENTO DE INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS MUNICIPAIS:
1 Fontaneiro/a: 6 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 72211012) .
2 Peóns forestais: 9 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 95431028) .
2 Peóns de obras públicas: 8 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 96011029).
1 xardiñeiro/a: 8 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 61201028).
PRESTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS:
2 Peóns de recollida de lixo: 9 meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 94411010) .
- Nomemento do Tribunal de Selección e fixación da data da realización da proba práctica, para os postos de peóns de recollida de lixo contratados ao abeiro do Plan +Provincia para a activación do Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2024 (Liña 3)
- Nomemento do Tribunal de Selección e fixación da data da realización da proba práctica, para os postos de peóns de peóns forestais contratados ao abeiro do Plan +Provincia para a activación do Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2024 (Liña 3)
- Nomemento do Tribunal de Selección e fixación da data da realización da proba práctica, para os postos de peóns de obras públicas contratados ao abeiro do Plan +Provincia para a activación do Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2024 (Liña 3)
- Nomemento do Tribunal de Selección e fixación da data da realización da proba práctica, para o posto de xardiñeiro/a contratado/a ao abeiro do Plan +Provincia para a activación do Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2024 (Liña 3)
- Nomemento do Tribunal de Selección e fixación da data da realización da proba práctica, para un posto de fontaneiro contratado ao abeiro do Plan +Provincia para a activación do Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2024 (Liña 3)