O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, a concelleira de Educación, Pilar González Casa, o xefe territorial de Educación, Céser Pérez Ares, e a xornalista e escritora Sara Vila, quen ademáis foi alumna do centro, asistiron este mércores á inauguración da nova biblioteca do IES Pazo da Mercé.
As novas intalacións están na que fora a casa do conserxe e contan, ademáis, cunha sala para uso dos distintos clubes de lectura do centro.
‘Día de Rosalía’
A biblioteca leva o nome de Rosalía de Castro, quen hoxe recibe a homenaxe de toda Galicia coincidindo co 185 aniversario do seu nacemento.
O Concello lembrou a súa figura colocando unha faixa no balcón do Concello; , os locais de hostalaría teran manteis co poema ‘Caldo de Gloria’ cedidos pola Deputación Pontevedra e as 18:30 h. a Biblioteca Municipal ábrese para acoller un ‘Recital Poético’ aberto, no qu os participantes poden ler os seus poemas ou recitar os que estarán a súa disposición.