Concello das Neves

A XXX Feira do Requeixo e do Mel xa ten cartaz

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A XXX Edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves, xa ten cartaz. O xurado elixiu a obra da artista Sandra Táboas González, titulada ‘As mulleres de sempre’, como a imaxe da feira deste ano que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de abril.

Sandra, veciña de San Pedro de Batalláns, impúxose nunha votación moi axustada á viguesa Marta GIl Silva, que presentara a obra ‘Escena de festa na Praza Maior’, que acadou o segundo lugar.

No acto de entrega de premios, o alcalde Xosé Manuel Rodríguez, que estivo acompañado polas concelleiras de Servizos Sociais, Pilar González Casas, e de Cultura, Rocío Barreiro, agradeceu a participación e comentou o «altísimo nivel» das obras que se presentaron, «o cal é unha honra e tamén unha mostra do interese e repercusión que ten a feira do requeixo e do mel que chega aos 30 anos de vida, renovada, fortalecida e superando a asistencia de visitantes ano tras ano».

No mesmo acto, a concelleira de Cultura asiantou que nuns días será a presentación oficial da feira que, coincidindo cunha edición tan especial, incluirá varias novidades «moi atractivas».

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email