O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para un ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’, orientado ás veciñas maiores de 12 anos que desexen participar.
Impartirase os mércores e venres en sesións de 50 minutos, de 18:30 a 19:20 horas.
• Lugar: Sala Multiusos no Centro Social de As Neves
• Duración: 1 mes. Coa posibilidade de continuar coa empresa organizadora
• Lugar de inscrición: Dependencias de Servizos Sociais (Teléfono 986 667134 ou correo
eléctronico servizossociais@asneves.gal )
• Datas: Do 7 ao 12 de febreiro (ambos incluídos).
Importante:
• A actividade levarase a cabo a partir dun mínimo de 10 participantes.
• Por razóns da actual situación sanitaria, o aforo está restrinxido a un máximo de 15 participantes.
• As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.