Concello das Neves

Aberto o prazo de solicitude dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda longa

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Diario Oficial de Galicia publicou o listado das entidades colaboradoras que participarán na xestión dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables, polo que os cidadáns interesados poderán solicitar os bonos ata o 16 de decembro, dacordo con: bonos dixitais.

Solicitudes

Co obxecto de facilitar o proceso de solicitude dos bonos, as persoas interesadas poden acudir ao traballador social do seu concello – R/ Marquesa do Pazo Nº 22 Tlf: 986 667 134 – 689 984 210 servizossociais@asneves.gal- e este encargarase de realizar a solicitude. Non obstante, os interesados poderán tamén presentar as solicitudes por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:  https://sede.xunta.gal, ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos.

Contratación de banda longa

A iniciativa, enmarcada no programa estatal ÚNICO Bono Social, permitirá a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a conexión á banda longa fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.

Os interesados poden coñecer cales son as entidades colaboradas a través do rexistro de operadores-colaboradores accesible a través da seguintes ligazón: https://amtega.xunta.gal/rexistro-operadores-bono-social 

Prevese conceder máis de 5.700 bonos polo, que de non esgotarse os bonos dispoñibles nesta primeira convocatoria, porase en marcha unha nova convocatoria para inicios do ano 2023.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email