A Consellería de Política Social e Silman 97, a través do programa «Coidados Porta a Porta», prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que estarán nas Neves, os vindeiros días 4,5 e 6 de maio, nos arredores do Centro de Saúde.
Solicitude de cita
Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa -que pode pedirse chamando ao teléfono 622 748 283 ou por correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal– serán os seguintes:
Servizo de Audioloxía: consistente en revisión e valoración auditiva.
Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.