O Concello de As Neves convoca concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX FEIRA DO REQUEIXO E MEL”, que terá lugar os días 7 e 8 de Abril de 2023. Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel da Feira, promovendo así unha das principais festas gastronómicas do municipio.
As Propostas deberán ser recibidas ate o día 27/02/23 no Concello de As Neves, Praza da Cristiandade, 1, C.P.: 36440 As Neves (Pontevedra).
Nos carteis deberá incluírse o seguinte texto: “XXX FEIRA DO REQUEIXO E MEL ” AS NEVES 7 e 8 de Abril de 2023.
Premios
Establécense os seguintes premios:
1º Premio: 500,00 euros.
2º Premio: 250,00 euros
Podes consultar aquí as Bases