Concello das Neves

Aberto o prazo para participar no III Concurso Artístico do Condado Paradanta

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O GDR Condado Paradanta ven de publicar as bases do novo certame “Visións do territorio: III concurso artístico do Condado Paradanta”, que nesta nova edición contará con catro categorías, fotografía, vídeo, pintura e deseño gráfico.

As e os concursantes poderán presentar as súas obras ata o 31 de maio as 14:00 horas.

O concurso está dirixido ao público en xeral, tanto profesional como afeccionado e poderá escoller o tema co que participar. Neste senso, o único requisito establecido nas bases é que a materia a tratar estea relacionada co territorio GDR Condado Paradanta.

Premios

Nesta nova edición haberá tres premios, un premio do xurado por categoría que consistirá nun pack experiencia para dúas persoas no Condado Paradanta, valorado en 150€. Tamén haberá un premio do público por categoría que consistirá nun lote de produtos locais, valorado en 75€. E un terceiro recoñecemento á obra máis votada, de entre tódalas categorías, que ademais de contar cun pack experiencia para dúas persoas, será
recoñecida como a “Mellor Obra Artística do GDR Condado Paradanta 2022”.

Entrega

As persoas participantes terán de prazo para presentar as súas obras ata o 31 de maio de 2022 as 14:00 horas, no enderezo gdr@gdrcondadoparadanta.gal.

• Podes consultar aquí as Bases Legais

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email