Concello das Neves

Aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta para a rehabilitación enerxética da vivenda

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Os interesados en acollerse ás axudas para Actuacións de Rehabilitación Enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, o chamado PREE 5000, poden presentar a súa solicitude a partir deste,
luns 3 de xaneiro, ata o 30 de setembro.

A Xunta publicou en novembro a resolución pola que se convocan estas achegas, que podes consultar e descargar os anexos premendo aquí.

Concellos de menos de 5.000 habitantes

As actuacións subvencionables realizaranse en edificacións localizadas en concellos de menos de 5.000 habitantes ou en concellos non urbanos de menos de 20.000 sempre que ningún dos seus núcleos de poboación supere os 5.000 veciños.

Inmobles construídos antes de 2007

Os inmobles deberán terse construído antes de 2007 e poderán ser vivendas unifamiliares, edificios de tipoloxía
residencial colectiva ou vivendas dun edificio consideradas individualmente.

Enerxías renovables, calefacción, climatización ou auga quente

Así mesmo, os traballos a executar deberán encadrarse nunha ou en varias das seguintes tipoloxías: mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

Obligatoria unha redución do 30% de consumo de enerxía

Neste sentido, as actuacións que subvencione o Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro do PREE 5000 deberán conseguir unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% respecto á situación actual do edificio e, ademais, mellorar a cualificación enerxética total do inmoble en, polo menos, unha letra.

Contía do 20 ao 100% dos custos

As axudas non terán unha contía fixa, partindo dun mínimo equivalente ao 20% dos custos elixibles e podendo chegar ata o 100%. Así, o importe concreto variará tendo en conta o tipo de actuación, o inmoble obxecto da rehabilitación ou os obxectivos de eficiencia enerxética acadados tras a reforma.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email