Concello das Neves

Aberto o prazo para solicitar axudas para o alugueiro de vivenda

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Xa está aberto o prazo o Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do ‘Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025’ que ten por obxeto facilitar o acceso e permencia nunha vivenda en récime de aluguer, a sectores da poboación con poucos medios económicos.

Quenes poden beneficiarse?

Aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou a de algún dos Estados membros da Unión Europea […]

b) Ser titular, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda […]

c) Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.

d) Que a renda mensual da vivenda non supere os importes establecidos nas bases reguladoras.

f) As persoas beneficiarias deberán atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes  comeza o día 2 de xaneiro de 2023 e terminará o día 5 de maio de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

Documentación necesaria

a) Contrato de alugamento de vivenda

b) Anexo II , de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia.

c) No caso de non presentar declaración do IRPF :

1.-Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta 2.Certificado de pensións ou prestacións periódicas

3.-Certificados bancarios de rendementos de capital mobiliario, de ser o caso.

4.-Certificado da contía percibida pola renda de integración social de Galicia, de ser o caso.

d) No caso de ingresos obtidos no estranxeiro, certificado acreditativo de equivalencia en euros do importe declarado.

e) Extracto ou o certificado bancario acreditativo do pagamento da renda das mensualidades

f) No caso de familias numerosas, título de familia numerosa.

g) Certificado de discapacidade, con indicación do seu grao.

h) Acreditación da condición de vítima de terrorismo.

Límites de ingresos para a unidade de convivencia para o ano 2023

Ingresos mínimos Unidade de convivencia Ingresos máximos
3.954,30 € Xeral 23.752,80 €
7.908,60 € Familia numerosa xeral 31.634,4 €
Familia numerosa especial ou persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % 39.543 €
Facebook
Twitter
WhatsApp
Email