Ábrese o prazo de inscrición para as veciñas que queiran participar na actividade “Compartindo Xuntas”, de xaneiro a xullo do 2023.
Trátase de actividades grupais de memoria, manualidades, grupos de conversa e xogos, para pasalo ben e tecer lazos entre veciñas dentro do programa exercicios saudables.
A Inscrición pode facerse en:
- Servizos Sociais
- Sede electrónica
Datas:
- Do 21 de decembro de 2022 ao 5 de Xaneiro de 2023 (ambos incluídos)
Documentación a presentar:
- Instancia cuberta e asinada: descargar aqui
- Xustificante de transferencia bancaria do abono do prezo público. 20,00 € (na oficina de ABANCA) concepto: actividade compartindo xuntas 2023
Importante:
- A actividade levarase a cabo a partir dun mínimo de 5 participantes.
- As prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición.