Concello das Neves

Arranxo e mantemento dos camiños municipais

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Goberno local vén de aprobar a expediente de ‘Mellora da Seguridade Vial dos Camiños Municipais’, que ten coma obxectivo continuar co arranxo e mantemento dos viais de titularidade municipal.

Este programa, que conta cun orzamento de 50.000 euros, empregará nos arranxos máis de 184 toneladas de asfalto, para o tratamento do firme, eliminación de fochas e buracos  e arranxo do pavimento. Tamén se levarán a cabo labouras de corte para o ‘destoconamento’ de raíces nunha superficie de preto de 300 m2.

Plan de Accesibilidade 

Ao mesmo tempo,  segue adiante o ‘Plan de Accesibilidade do Concello das Neves 2019-2023’, que  intervén en tódalas parroquias, dando prioridade ás necesidades máis urxentes. Antes de finais deste ano, como xa informara o Concello,  estarán rematadas obras en San Xosé de Ribarteme, As Neves, Setados, Cerdeira, Santa Eulalia de Batalláns, Taboexa e Santiago de Ribarteme, completando ás de 2021, que permitiron mellorar a vida a veciñas e veciños de San Pedro de Batalláns, Rubiós, San Cibrán de Ribarteme e Vide.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email