As Neves acollerá unha das accións que conforman a VII edición do programa ‘Mulleres en Acción Violencia Zero’ da Deputación de Pontevedra.
Estará dirixida a 44 rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Pazo da Mercé e realizarase na Casa da Xuventude.
O martes 24 de maio de 10.30 a 13,30 levarase a cabo un obradoiro e o xoves 26 de 12:00 a 13:00h. unha performance a cargo da artista Iria Vázquez.
