Concello das Neves

As Neves celebra o #8M facendo visibles a mulleres invisibles

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

As Neves celebrou este mércores o Día Internacional da Muller, xunto coas alumnos e alumnas do IES Pazo da Mercé, centro no que decubriron un mural deseñado por Ainara Álvarez, ex alumno dio instituto que gañou en 2021 o 1º Premio do Concurso Mulleres de Galicia, coa obra que conmemorou este #8M, realizada por Aldara Otero.

O mesmo retrata a cinco mulleres que representan a sociedade galega: as dúas ‘Marías’, as irmás Maruxa ​ e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas en Santiago e representadas nunha famosísima escultura situada na Alameda compostelá. As dúas, como o resto da súa familia padeceron a represión do fascismo durante e despois da Guerra Civil e tiveron unhya vida chea de dificultades e privacións.

Emilia Pardo Bazán ( A Coruña 1851- Madrid 1921), novelista, xornalista, ensaista, crítica literaria, poeta, dramaturga, tradutora, editora, catedrática, conferenciante, aristócrata e precursora do naturalismo. Pardo Bazán, primeira muller en pronunciar unha conferencia no Ateneo de Madrid, sempre defendeu a súa liberdade individual e negouse seguir os ditámenes dunha sociedade intolerante e opresiva.

Rosalía de Castro (Santiago 1837-Padrón 1885)  Considerada entre los grandes poetas de la literatura española del siglo xix ​ representa unha das figuras emblemáticas da cultura e a sociedade galega. Está considerada a clave do Rexurdimento, pola súa aportación literaria e porque os seus Cantares gallegos  son a primeira grande obra da  primera  literatura galega contemporánea, e un símbolo do noso pobo.

Olimpia Valencia (Baltar 1898-Vigo 1987)  foi a primeira médica xinecóloga galega. Comezou a carreira en 1919 e licenciouse en 1925, con premio extraordinario e matrícula de honra. Ese mesmo ano vaixa a Marid para realiza a tese de doutorado que presenta en 1930 co título ‘A colesterinemia no sangue en relación coa anestesia cirúrxica’. En 1929 solicita unha á Xunta de Ampliación de Estudos para formarse en clínicas xinecolóxicas de Alemaña e Suiza.  

Logo do golpe de estado que causaría a Guerra Civil, foi acusada de pertencer ao Partido Galeguista e, os anos seguintes foron duros: acusada de ‘roxa’ perdeu moits pacientes, ainda que na década dos 40 entrou na Seguridade Social e xubilouse nos anos 60. Ainda así, non deixou de traballar, xa con máis de 80 anos de idade na súa consulta de Vigo.

No acto, que contou coa presencia de membros do claustro do IES, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e os integrantes do Goberno municipal, Pilar González Casas, concelleira de Educación, lembrou que este día ten que servir para «reivindicar que a muller poda desenvolverse nun mundo igualitario».

A concelleira reivindicou o feito de que As Neves celebrase o Día da Muller no seu instituto de bacharelato porque «é onde podemos empezar a cambialo todo para poder seguir medrando» e, principalmente, pola especial sensibilidade e compromiso de toda a comunidade do centro coa causa da igualdade.

Mulleres Invisibles

No mesmo centro abriuse a exposición fotográfica ‘Invisibles’ na que se amosa o rostro de 36 mulleres con discapacidade, residentes no EVD Galicia, en Crecente.

Nunha introdución chea de emocións, as súas protagonistas- que posaron representando a mulleres destacadas no eido da arte, a ciencia, a música, a solidariedade ou compromiso social– reivindicaron as súas vidas, as súas historias e a súa loita que fixo que conquistaran a igualdade de dereitos que deberían pertencer a toda a humanidade – como o de voto, recuperado en 2018-.

A exposición reivindica a súa «liberdade para ser donas do seu corpo; dos dereitos para poder educar, votar, traballar» e sinala o feito de que, «a pesar da súa loita, os libros de texto non as nomean… a escola non ten memoria para elas. Son mulleres invisibles, sen historia, que agora son visibles». 

A exposición, que pode repetirse en calquera lugar de Galicia, está aberta no salón de actos do instituto e nela pódense identificar mulleres como Marie Curie, Tareixa de Calcuta, a primeira cosmonauta: Valentina Vladímirovna Tereshkova, Coco Chanel, Ana Frank ou Concepción Arenal.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email