Concello das Neves

As traídas de augas de Tortoreos e Liñares, Taboexa Norte, Santiago de Ribarteme e San Cibrán Sur, benefiarias de 20.000 euros de subvencións do Concello

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Este 2022, por segundo ano consecutivo, o Concello convocou novas subvencións para as comunidades de usuarios ou traídas de augas das parroquias das Neves.

En 2021, grazas a estas axudas, as traídas de augas de San Pedro de Batalláns, Taboexa Norte, Vide e Santiago de Ribarteme, realizaronobras que abrangueron, principalmente, a renovación de tramos das redes principais de distribución de auga e que se sumaron aos máis de 100.000 euros que o Concello investiu os últimos anos nas melloras de intalacións e subministros, prevención das secas e eficiencia no consumo.

Preto de 20.000 euros

No salón de Plenos do Concello, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto e o segundo tenente de alcalde Óscar Gónzalez, mantiveron unha xuntanza cos representantes das catro traídas adxudicatrias desta subvención, as de Tortoreos e Liñanes, Santiago de Ribarteme, Taboexa Norte e San Cibrán Sur, que cumpriuron coas bases da convocatoria, publicada o pasado mes de maio no Boletín Oficial da provincia (BOPP).

A subvención do Concello, de 20.000 euros, convocouse para a contratación de obras, adquisición de materiais, man de obra ou equipamentos, asociados a melloras na captación de augas (fontes e pozos e o seu entorno); sistemas de almacenamento e potabilización; rede de distribución da auga (extensión ou melora nas redes de distribución) e melloras nas instalacións (conexións eléctricas, sistemas de bombero ou peches de seguridade), puidendo chegar, como máximo, ata o 70% do proxecto presentado, cun límite de 7.000 euros.

Adxudicatarias

As traídas adxudicatarias das axudas son:

  • Traída de Tortoreos e Liñares, que recibirá 7.000 euros para obras de incremento da capacidade de captacións, sistemas de potabilización e renovación da rede de distribución, orzamentadas en 10.507,64 euros.
  • Traída de Santiago de Ribarteme, 4.663,79 euros, para a renovación da rede de distribución, traballo orzamentado en 6.662,56 euros.
  • Traída de Taboexa Norte, 4.260,87 euros para incrementar a capacidade das captacións, obra orzamentada en 8.926,17 euros.
  • Traída de San Cibrán Sur, 3.956,52 euros, tamén para aumentar a capacidade das captacións, uns traballos que teñen un presuposto de 10.825,33 euros.

 

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email