Concello das Neves

Benestar en Balnearios 2025

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A Xunta de Galicia volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Unha experiencia única de saúde, descanso e lecer dirixida a persoas maiores de 60 anos de Galicia.

En que consiste?

Estancias de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, xantar e cea) para escoller entre 15 balnearios de Galicia dende xullo ata decembro de 2025.

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos, xunto cun acompañante.

No caso de ter un fillo ou filla con discapacidade igual ou superior ao 33 %, tamén podería acompañar.

Cal é o prazo de inscrición?

Do 17 de xuño ata o 15 de xullo de 2025.

Como e onde se solicita praza?

Solicitude Xeral

Solicitude de Acompañante

Canto custa?

A tarifa varía en función do establecemento escollido. Consulta os prezos no folleto informativo.

A Xunta de Galicia financia ata o 50 % do custo total.

Como confirmo a reserva?

En canto recibas a confirmación oficial da concesión da praza, debes contactar directamente co balneario escollido para reservar a quenda cun depósito de 30 €. O importe restante aboarase á chegada.

Consulta aquí a lista de balnearios

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email