Concello das Neves

Comercio local, dálle vida! – Da Túa Man (rural)

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello das Neves, colabora no proxecto “Da Túa Man (rural)”, promovido pola Deputación de Pontevedra en concellos da provincia con poboacións inferiores aos 5.000 habitantes como Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures, que pretende visibilizar e modernizar ao pequeno comercio local adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular (redución na creación de residuos, promoción da reciclaxe e reutilización dos residuos) así como unha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes.

Así mesmo, preténdese crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de km 0 para impulsar unha estratexia común implicando ás comunidades locais e da man dos Concellos e a Deputación de Pontevedra aproveitando as potencialidades e recursos endóxenos (produtos locais, culturais e turísticos) destes termos municipais para favorecer a empregabilidade e permanencia dos veciños no territorio.

As actuacións que se están a levar a cabo abranguen distintos ámbitos como, entre outras, a dotación de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, o embelecemento das zonas comerciais, a instalación de illas ecolóxicas con contedores de reciclaxe de residuos, a instalación de dispositivos para residuos especiais, actividades de formación, a instalación de sinalética ou a creación dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, encamiñadas á dinamización e promoción do comercio local.

Dende o Concello das Neves ,e aproveitando estas datas de nadal que se achegan, animamos a toda a veciñanza a apoiar ao noso comercio local. Dálle vida.

*Campaña financiada pola Unión Europea. Next Generation, Plan de Recuperación, Ministerio de Economía, Comercio y Empresa, Gobierno de España.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email