Concello das Neves

Comeza o ‘ano de José Gil’, o nevense considerado o pai do cinema en Galicia

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, asistiron no museo MARCO de Vigo, a poucos metros onde montou, en 1910, a primeira produtora da historia de Galicia, á presentación do proxecto “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema”, que renderá homenaxe durante todo este ano 2023, ao pai do cinema galego.

José Gil (Rubiós, As Neves, 1870-Vigo, 1937) terá unha lembranza multidisplinar: dende a óptica audiovisual, con proxeccións cinematográficas, capitaneadas por Vía Láctea Films, representada polo director Ignacio Vlar; literaria, coa presentación da biografía ‘Nos días encantados de agosto’, de Manolo González, editada por Galaxía, dirixida por Francisco Casto, é cultural,abranguendo exposicións, concertos, debates, charlas, mesmo sesións vermú, impulsadas pola Deputación de Pontevedra, ao longo de todo este ano, como salientou a súa presidenta, Carmela Silva.

 O ‘Ano José Gil’ comeza os días 24 e 25 nas Neves

O ‘Ano José Gil’, que chegará a 30 concellos da provincia cos que o cineasta tivo relación, comezando polo que o veu nacer, As Neves, os días 24 e 25 de este mes de febreiro, e percorrerá Cuntis, Cambados, A Guarda, Caldas, Mondariz, O Grove, Poio, Baiona, Redondela, Gondomar, Nigrán, Arbo, Mondariz-Balneario, Soutomaior, O Porriño, Bueu, Cangas, Pontecesures, Lalín,  Sanxenxo, Pontevedra, Tui, Vigo (en outubro), Covelo, Moaña, Salvaterra, Marín , Vilagarcía, para rematar, no mes de decembro, en Ponteareas.

 

Automotor de cine

José Gil, quen realizou máis de 150 filmes documentais entre 1910 e 1935 no sur de Galicia -dos que só se conservan 7– deixará de ser un descoñecido, e a bordo do seu “automotor de cine”, aparcado este martes no centro de Vigo, coñeceremos a un xénio, achegándonos á técnica fotográfica do colódio húmido que serviu de base para o traballo de Gil, un pioneiro que fixo posible que « hoxe Galicia sexa unha das comunidades con maior poderío audiovisual, e puidémolo comprobar nos premios Goya», salientou Carmela Silva.

Durante este 2013, o obxectivo será recuperar a súa historia e parte dos seus filmes e amosar a esta figura imprescindible para o cinema feito en Galicia, que amais falaba da nosa terra e os nosos espazos. Un home visionario que tiña un soño e sempre traballou por el, moitas veces con gran incomprensión, que foi un adiantado ao seu tempo, e un estandarte do fenómeno do cinema en Europa.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email